Despois dun longo verán sen partidos, este pasado sábado comezamos unha nova tempada no municipal de Salceda.

O pistoletazo de saída deuno o Senior Masculino de 3ª División, nun apaixoante derbi rexional perante o C.B.Condado de Ponteareas, que se decidíu, literalmente, no derradeiro segundo do partido a favor dos visitantes.

C.B.CASELAS 50 -51 C.B.CONDADO

Parciais: 7 -10 / 15 -17 / 12 – 8 / 16 -16

Anotadores: Aitor 11; Xur 13; Iván 2; Jose 1; Alex 1; Eloy 2; Pedro 2; Héctor 9; Pablo 9; Fredi; Rober; Bruno.

O choque estivo tremendamente igualado e moi intenso en todo momento, e os de Martín mostraron unha actitude espectacular durante toda a tarde, mostrando o bo ambiente e compañeirismo que respira o senior nesta nova tempada.

Nun derradeiro periodo trepidante, os nosos acadaron unha vantaxe de 2 puntos a falta de 10 segundos para o remate do partido. Tras o tempo morto visitante, a boa defensa do Caselas provocou o erro rival, pero mediante un rebote ofensivo, os visitantes anotaron un triplazo dende 8 metros sobre a bucina, levándose así a victoria por un punto de diferenza.

blank
blank

Este partido enche de boas vibracións ao clube de cara a esta tempada senior, despois dun ano complicado nesta categoría na 21-22.

Foi un pracer ver o pavillón cunha gran entrada de público, apoiando en todo momento ao equipo, unha imaxe que dende antes da pandemia non se veía en Salceda. Agardamos que esta sexa a tónica dos nosos partidos na casa e que os equipos rivais sufran (deportivamente falando) sempre que xoguen de visitantes no municipal. GRAZAS AFECCIÓN!

blank

Por último, destacar a presenza da nosa canteira, que xogou un partido no descanso, dando un auténtico espectáculo para o público presente! Durante esta tempada faremos partidillos, concursos e moitas sorpresas c@s nos@s xogador@s da base nos partidos do senior. Animamos a tod@s a acudir para participar!

Vémonos no seguinte !!! ADIANTE CASELAS !!!