SENIOR MASCULINO

C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 73 – 46 SEIS DO NADAL AZUL

Parciais: 17 – 19 / 14 – 7 / 21 – 12 / 21 – 8

Anotadores: Kentre Williams 23; Iván 8; Eloy 8; Xur 7; Jose 6; Darrell Paxton II 6; Fredi 5; Manuel 5; Jorge 2; Alex 2; Héctor 1; Rober.

Victoria contundente do senior masculino, encadeando así cinco triunfos consecutivos nesta segunda fase da competición, que serve de preparación para o torneo copeiro.

A primeira parte do encontro foi moi irregular por parte dos nosos, pero no terceiro e cuarto periodo os de Martín mostraron o seu mellor nivel defensivo para dominar totalmente o xogo tras a volta dos vestiarios.

A próxima fin de semana toca visitar ao Rodaballo vigués na derradeira xornada de liga.

SENIOR FEMININO

blank

C.B.BAIONA 54 – 39 C.B.CASELAS LR NATURAL GRANITE

Parciais: 18 – 6 / 17 – 12 / 10 – 11 / 9 – 10

Anotadoras: Irene 8; Tamara 8; Elena 6; Lucía 5; Alejandra 5; Susi 4; Cris 3; Laura; Iria; Saray.

Non foi o mellor partido do noso senior feminino na súa visita a Baiona, sobre todo a raíz do mal primeiro periodo no que as locais fixeron un parcial de 18 – 6.

Nos seguintes tres periodos, as de Joseba competiron ben pero os fallos nos tiros libres e a renta acadada polo Baiona no primeiro cuarto, non lles permitíu loitar pola victoria.

A próxima fin de semana recibiremos ao Apóstol, líder da competición, o domingo ás 12:30h no municipal de Salceda. A por todas!

CADETE FEMININO

blank

C.B.REDONDELA 30 – 48 C.B.CASELAS

Bo partido das rapazas do cadete en Redondela. Noraboa a todas!

CADETE MASCULINO

blank

BALONCESTO NS ESPERANZA 36 – 101 C.B.CASELAS BALIDEA

Gran victoria do cadete masculino, no que destacamos a primeira canastra de Ares como xogador do Caselas. Noraboa!!!

INFANTIL MASCULINO

blank

C.B.BAIONA 52 – 47 C.B.CASELAS NATURAL GRANITE

C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 55 – 34 BASKETGAL SAUCES OBRADOIRO

Ambos equipos infantís fixeron moi bos encontros esta fin de semana. O Caselas Natural Granite continúa coa súa gran progresión mostrada nos últimos partidos, competindo ao máximo, mentras que o Hermanos Núñez meteuse na fase final polo título da Liga Infantil Masculina, que disputará en formato liguilla a unha volta perante Porriño, Salesianos e Seis do Nadal. A desfrutalo rapaces!

MINI FEMININO

blank

C.B.CASELAS 26 – 33 SEIS DO NADAL COIA

As rapazas do mini fixeron un bo partido, mostrando a súa clara melloría durante esta tempada. Na primeira volta perderan 58 – 8 contra este equipo de Seis do Nadal, pero nesta ocasión competiron o partido de tú a tú ata o final do encontro. A continuar así!

blank

Permanecede atent@s ás Redes Sociais e Web do C.B.Caselas, esta semana publicaremos INFORMACIÓN IMPORTANTE do noso III CAMPUS DE VERÁN!

blank