Derbi galego ACB

 VS    Esta tarde unha nutrida delegación de xogadores, familiares e xiareiros do C.B. Caselas acudirá o Multiusos do Sar para presenciar o derbi Galego que enfrontará o Obradoiro contra o Breogán. Baloncesto de máximo nivel con acento galego. Ademais os nosos Premini darán espectáculo xogando un partidiño no descanso… Ler máis

14ªX.SENIOR: CASELAS 59 SEIS DO NADAL 57

Hai encontros que engrandecen este deporte, que fan que os xogadores desfruten e o público repita; e este foi un deses.

Caselas e Seis do Nadal Coia -segundo contra primeiro- e que chegaban igualados á derradeira xornada desta Liga Regular, precisaron dunha prórroga para dilucir o partido e o campión desta primeira fase de competición.

(máis…)

Partido final de liga

Este próximo sábado 23, as 20:00, xogarémonos o primeiro posto no úlitmo partido da liga regular.

Xa estamos clasificados para o playoff de ascenso, pero non cabe dúbida que obter o primeiro posto na liga sería estupendo. O sábado enfrontámonos o 6 do Nadal, co que estamos empatados en puntos na tabla clasificatoria, o vencedor acadará o liderato.

(máis…)

13ªX.SENIOR: BC.DEGAIA 39 CASELAS 75

Encontro sen historia cun equipo portugués de Gaia moi descoñecido con respecto ao da primeira volta da liga, onde nos dera moitísimos problemas. Pero coa lección ben aprendida, esta vez os de Adrián Salgado saíron moi concentrados e deixaron os deberes feitos nos primeiros minutos cun elocuente 0-16 (aclarar que aínda que o partido xogouse no pavillón de Salceda, os locais eran os lusos, que xogaban de prestado na nosa cancha).

(máis…)

Feliz San Vanletín a tod@s

Hoxe é San Valentín e para celebralo temos adestramentos, partido dos Premini A e moitos sorrisos que repartir. A pesar de ser comercial segue sendo un día bonito para compartir. Desfrutade da vida e do basket. Desfrutade dos vosos. Just play. Have fun. Enjoy the game. Só xogar. Divírtete. Disfruta… Ler máis

II Concentración Baby 18/19

Xa temos aquí a segunda Concentración Baby da tempada, e esta vez toca na nosa casa . #cbcaselas #PresumedeClub #Abandadosinsectos O próximo domingo 27 as 12:00, despois do partido do Premini A, celebraremos este encontro con preto de 100 pequen@s xogador@s. Sempre é un epsectáculo ver a estes pequechos enchendo… Ler máis

A nosa web

A nosa web, renovada en febreiro do 2018 estanos dando moitas alegrías. É a nosa ferramenta para comunicarnos con tod@s vos e contar as nosas aventuras. Fainos chegar o interés da xente polo noso proxecto.

A piques de cumplir un ano acadou máis de 35.000 visitas de 5.630 usuarios.

Gracias a tod@s.

(máis…)