Novas
Sempre con nos!

Un ano sen ti compañeiro. Parte do teu legado estará sempre no C.B. Caselas.
Sempre estarás no noso recordo.

Un ano sen ti compañeiro. Parte do teu legado estará sempre no C.B. Caselas.
Sempre estarás no noso recordo.

O noso coordinador deportivo Adrián será entrevistado hoxe en directo dende a praza do Concello de Salceda a propósito da Festa dos Callos as 18:30h , no programa A TARDE da Radio Galega.
Falará sobre o seu grupo educativo-musical A BANDA DOS INSECTOS, apoiado polo C.B.CASELAS e os seu futuro próximo cun concerto o 14 de setembro no Festival Miúdo Fest de Mos e a publicación en outubro do Audio Libro PASANDO A BOLA!

O próximo sábado 31 de agosto arrancaremos a tempada do Club Baloncesto Caselas coa terceira edición do torneo 3×3 Insectos Concello de Salceda.
Na fin de semana da Festa dos Callos, máis de 80 xogadores entre Minibasket e Senior, desfrutarán dun día de baloncesto no Pavillón Municipal de Salceda.
Se vos apetece acompañarnos, estades convidados.
CAMISETAS TALLA 5XS 4XS 3XS XXS XS S PECHO 32 36 40 44 48 48 LARGO 39 43 49 57 65 71 TALLA M L XL XXL 3XL PECHO 52 56 60 64 68 LARGO 74 77 80 83 86

O Club Baloncesto Caselas organiza, coa calaboración do Concello de Salceda e as EDM, por terceiro ano o torneo 3×3 Insectos.
Celebrarase os vindeiro día 31 de Agosto no Pavillón municipal de Salceda de Caselas, en horario de tarde (16:00 a 21:00).
Todo o noso respeto e admiración por este incrible grupo de rapazas que axudaron o noso club a ser un pouquiño mellor. E na súa honra aquí vos deixamos a documental que lles dedicamos. Desfrutádeo!!!

O pasado sábado celebramos o último evento da tempada, o Torneo Junior Internacional o que acudiron invitados o B.C. Valença e o B.C. Gaia.

Non foi a despedida soñada, pero as sensacións deixadas polo C.B.Caselas neste partido, logo de ir perdendo de máis de 20 puntos, foron moi boas. Os de Adrián Salgado a piques estiveron de remontar un partido que se puxo moi costa arriba e perante un equipo da zona alta da 3ªDivisión A co cal nos veremos as caras o ano que ven.

Partido no que se notou a inactividade competitiva e a sofocante calor que facía onte no pavillón redondelán, que afectou a ambolos equipos.
Aínda así, o CB.Caselas tivo momentos de bó baloncesto e acerto no tiro e momentos de boa defensa, acadando ventaxas pronto. Isto fixo un encontro relativamente cómodo para os de Adrián Salgado, perante un rival con clara melloría do ano pasado a este, e que xa nos puxera problemas no último choque da liga regular.

Xa se vai achegando o día. Xa casi se ven os bechos correndo pola pista.
O próximo luns comeza a Liga dos insectos, duas semanas de festa no Club Baloncesto Caselas. Diversión e baloncesto por doquier.
Aquí vos deixamos os equipos e os horarios para que os teñades a man.