blank

O próximo sábado 31 de agosto arrancaremos a tempada do Club Baloncesto Caselas coa terceira edición do torneo 3×3 Insectos Concello de Salceda.

Na fin de semana da Festa dos Callos, máis de 80 xogadores entre Minibasket e Senior, desfrutarán dun día de baloncesto no Pavillón Municipal de Salceda.

Se vos apetece acompañarnos, estades convidados.

CATEGORÍAS INFERIORES (Pola MAÑÁ)
10:00: RECEPCIÓN e CHARA INICIAL
10:15: PARTIDOS
13:15: ENTREGA DE MEDALLAS, FOTO DE FAMILIA E CLAUSURA

CATEGORÍA SENIOR (Pola TARDE)
16:00: RECEPCIÓN E CHARLA INICIAL
16:30: PARTIDOS 1ª FASE
19:00: 7º 8º POSTO e 5º e 6º POSTO
19:20: SEMIFINAIS
19:40: 3º 4º POSTO
20:00: FINAL
20:30: ENTREGA DE TROFEOS, FOTO DE FAMILIA E CLAUSURA