O noso coordinador deportivo Adrián participará como adestrador de dous campus durante este verán.

O campus do C.B.Redondela (do 23 ao 30 de xuño) e o Campus Encesta Rías de Vilagarcía de Arousa (do 5 ao 10 de xullo) contarán cos seus servicios e servirá ao noso coordinador para seguir sumando experiencia e continuar formándose como adestrador.

En ambos campus haberá tamén presenza de xogador@s do C.B.Caselas, que animáronse a inscribirse nestas actividades. Algo que pensamos é un feito moi positivo que demostra que a fame de baloncesto non para de medrar en Salceda e que lles servirá para coñecer outras maneiras de adestrar e convivir con rapazas e rapaces de outros clubs de toda Galicia.

Esta experiencia permitirá a Adrián coñecer dende dentro cómo funcionan este tipo de eventos e coller ideas de cara a un proxecto moi importante para nós que temos en mente dende fai tempo e que agardamos levalo a cabo a tempada que ven, que será na que celebraremos o 30 aniversario do C.B.Caselas.