Fin de semana repleta de partidos para o C.B.Caselas, cando estamos contando os días para a festa de presentación do clube desta tempada 22-23, que se celebrará no pavillón municipal de Salceda o vindeiro domingo 18 de decembro ás 17:00h.

SENIOR MASCULINO

blank

C.B. ELÉCTRICA SESTELO 60 – 55 C.B.CASELAS

Parciais: 11 – 12 / 9 – 13 / 12 – 19 / 28 – 11

Anotadores: Maki 11; Pablo 9; Pedro 8; Iván 8; Eloy 7; Alex 6; Jose 4; Rober 2; Jorge; Bruno; André.

Chegaba o senior do Caselas a Ponteareas para afrontar o derbi rexional con varias baixas importantes e moitas ganas de ir a polo partido, despois da derrota no derradeiro segundo sufrida perante o Eléctrica Sestelo na primeira xornada de liga.

Os nosos xogaron moi bo baloncesto durante os tres primeiros periodos, dominando tanto no xogo coma no marcador en todo momento, e mostrando un gran oficio para atacar a defensa en zona 2 – 3 plantexada polos locais.

Cun resultado de 32 – 44 a favor, iniciábanse os derradeiros 10 minutos, que foron totalmente opostos aos 30 anteriores. Cun baixón físico e defensivo evidente e pouca paciencia en ataque, o Caselas tirou por terra o gran traballo feito ata o momento, e permitíu que o Sestelo se metera no partido e finalmente acadara a victoria.

O disgusto de todos foi evidente, pero debemos aprender deste partido valorando os aspectos positivos (que os houbo) e os negativos (principalmente, no derradeiro periodo).

O vindeiro domingo, xusto despois da presentación o senior ten unha nova oportunidade de facer un bo partido perante o Rodaballo Vigués. Estamos seguros que co apoio do noso público competirán ao máximo.

CATEGORÍAS BASE

Xogaron todos equipos agás o Junior Feminino (que xogará o seu partido o xoves na casa), o Premini Masculino e o Baby.

CADETE MASCULINO

blank

C.B.CASELAS 38 – 71 SALESIANOS “A”

INFANTIL MASCULINO

blank

SEIS DO NADAL 29 – 78 C.B.CASELAS

INFANTIL FEMININO

blank

C.B.CASELAS 62 – 25 MIRALBA

MINIBASKET

blank

MINI FEMININO

C.B.CASELAS 2 – 53 C.B.CLUNY

MINI MASCULINO

C.B.CASELAS 60 – 16 NS ESPERANZA

Agardámosvos a tod@s o vindeiro DOMINGO 18 de DECEMBRO ás 17:00h na FESTA DO BALONCESTO DE SALCEDA!!!