SENIOR FEMININO

C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE 62 – 47 TERRA CHÁ VILALBA

Parciais: 18 – 14 / 12 – 6 / 25 – 12 / 7 – 15

Anotadoras: Alejandra 20; Tamara 14; Iria 10; Joana 7; Susi 6; Cris 5; Alba G.; Elena T.

O Senior Feminino do C.B.Caselas rematou de maneira brillante a eliminatoria final de liga.

Despois de gañar por trece puntos a fin de semana pasada en Vilalba, no partido de volta na casa as de Joseba mostráronse de novo superiores ao Terra Chá, un equipo duro que competíu ben pero que non puido co empuxe das nosas.

Grazas ao traballo de todas as xogadoras, o Caselas realizou un gran encontro e permitíu ao equipo rematar a eliminatoria cun + 28.

Ademáis da victoria, a boa nova da xornada foi a volta de Susi despois dunha lesión que a tivo afastada das pistas dende o mes de decembro. Benvida de novo!

Agora toca desputar a copa: este DOMINGO 18/Maio ás 18:00h na CASA xogaremos a primeira xornada perante o Mariano. A por todas e a desfrutar!

CADETE FEMININO

C.B. CASELAS NOREXCA 48 – 39 SEIS DO NADAL

Antes do partido senior, o noso equipo Cadete Feminino rematou a liga cun bo encontro perante o Seis do Nadal Coia.

As de Adrián imprimiron o seu ritmo de xogo dende o inicio e chegaron a ter vantaxes de ata 18 puntos no terceiro periodo.

Pero o partido foi moi competido cos dous equipos mostrando unha boa actitude.

Finalmente o Caselas levouse a victoria por nove puntos de diferenza, rematando unha liga na que as rapazas do noso cadete fixeron un tremendo papel, competindo absolutamente todos os encontros.

Grandes. Agora a desfrutar da copa!

MINI FEMININO

NS ESPERANZA 20 – 41 C.B. CASELAS JGC VENDING

O Mini Feminino xogou un gran partido na pista do NS Esperanza.

Esforzáronse ao máximo e desfrutaron do derradeiro partido desta fase na que, con tres victorias consecutivas, o equipo acaba primeiro de grupo. Noraboa!

BASKET FEMININO EN SALCEDA

O BALONCESTO FEMININO ESTÁ DE MODA EN SALCEDA!

As seccións femininas do noso clube non paran de medrar e despois de sacar por fin o equipo Senior Feminino a tempada pasada por primeira vez na historia do C.B.Caselas (con 12 xogadoras da nosa canteira), agardamos que isto non pare e todas as xeracións de rapazas que veñan teñan a oportunidade de xogar no equipo da súa vila!

Para a tempada que ven agardamos ter Junior e Senior Feminino por primeira vez!!!

Grazas a todas as rapazas e as súas familias polo gran compromiso que mostran!!!

SENIOR MASCULINO

SEIS DO NADAL 52 – 54 C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ

Parciais: 15 – 7 / 14 – 18 / 10 – 13 / 13 – 16

Anotadores: Girma 20; Manu G. 6; Xur 6; Héctor 5; Jorge 4; Álex 4; Eloy 3; Rober 2; Iván 2;Jose 1;Manu L. 1;

O noso Senior Masculino levouse un triunfo in extremis na sempre difícil pista do Seis do Nadal vigués!

Os de Martín desputaron un partido moi duro de poder a poder, marcado polos erros nos tiros libres e as imprecisións de cara a canastra por parte de ambos os dous equipos.

Nun último periodo moi competido, o Caselas levouse un valioso triunfo grazas ao esforzo de todos que o mantén vivo na loita para clasificarse para a segunda fase de copa.

Ánimo equipo!

CADETE MASCULINO

C.B. CASELAS CONSTRUCCIONES MACEIRAS 37 – 63 C.B. BAIONA

Partido duro o o xogado polo Cadete Construcciones perante un duro rival como o C.B. Baiona.

Os rapaces do Caselas o intentaron e o deron todo, pero finalmente o equipo visitante impúxose no marcador. Bo esforzo antes da competición copeira rapaces!

INFANTIL MASCULINO

CÍA DE MARÍA 52 – 43 C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ

Cunha convocatoria de 6 rapaces por mor das baixas, o equipo fixo un gran encontro competindo nunha difícil pista como a de Compañía de María na volta da eliminatoria polo 3º e 4º posto de liga.

Os de Julián o deron todo e mantivéronse no partido ata o final. Grandes!

C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE 55 – 31 APÓSTOL VIGO

Gran imaxe do noso Infantil Masculino Natural Granite no derradeiro encontro de liga!

Os de Luismi fixeron un dos partidos máis completos da tempada e acadaron un gran triunfo ante un equipo contra o que perderan por 29 puntos na primeira volta, demostrando a melloría do equipo a pesares das complicadas circunstancias deste curso (1º ano en categoría infantil, lesións, etc).

Noraboa a todos e a desfrutar desta merecida victoria!!!

MINI MASCULINO

CÍA DE MARÍA 40 – 37 C.B. CASELAS ALVANOR

Encontro igualadísimo na penúltima xornada de liga do Mini Masculino que competiron ben na súa visita ao equipo vigués de Compañía de María.

PREMINI MIXTO

APÓSTOL VIGO 50 – 10 C.B. CASELAS

Bo esforzo do Premini Mixto! O próximo domingo ás 10:00h xogaremos na casa de novo!

CALENDARIOS DE COPA

Esta próxima fin de semana comeza a COPA PREMIUM para as seguintes categorías:

SENIOR FEMININO, JUNIOR MASCULINO, CADETE FEMININO e CADETE MASCULINO.

Sorte a desfrutar da derradeira competición oficial da tempada!

Aínda queda máis dun mes de baloncesto!!!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Club Baloncesto Caselas
Ola 👋
En que podemos axudarche?