blank

Encontro duro e disputado no que o equipo portugués de Vila Nova de Gaia mostrou ter gran físico e bós tiradores. Por parte nosa fomos irregulares. Alternamos momentos brillantes en ataque apoiados en boas defensas que nos permitían coller ventaxas de 8-10 puntos, con momentos de desconcentración defensiva e no rebote. Isto permitiu aos visitantes facer a goma durante o partido.

Na segunda metade o xogo endureceuse e os lusos estiveron moi acertados na tripla (un total de 10 por 7 o Caselas). Así chegouse a un final de partido non apto para cardiacos.
Con un punto arriba (64-63), tivemos posesión para sentenciar pero erramos a falla de 4 segundos. Tempo morto e xogada preparada de Gaia en campo de ataque. Pero a boa defensa de axudas do Caselas fixo que os visitantes errasen e a victoria se quedase en Salceda. 

Falta un partido para rematar a primeira volta da liga (o vindeiro fin de semana na difícil cancha do Seis do Nadal Coia). Seis partidos e seis victorias. A unión e compromiso do equipo é enorme e iso nótase nos partidos apretados, nos que todos van a unha. A seguir así!!

CB.CASELAS (64): Xur, Darío 21, Fredi 5, Rober Temporao 6, Toni 4. QUINTETO. Rober Alvarez 2, David Ledo 3, Jano 14, Sergio 9, Jorge. Nico e Jose causaron baixa por lesión.

Parciais: 20-15 / 21-18 / 13-18 / 10-12.

Incidencias: Pavillón de Deportes de Salceda. Arredor de medio centenar de afecionados que animaron sen parar nos momentos máis difíciles.

CATEGORÍAS BASE:
Destacar a primeira concentración Baby celebrada en Maristas (Vigo). Para a gran maioría dos nosos pequenos foi a primeira experiencia no basquet…..e ben que o fixeron. Dirixidos polo seu míster Adrián, os pequenos correron detrás de cada balón celebrando cada canasta como unha victoria. Grandes!!!

Os resultados foron:

Junior Fem: SALESIANOS VIGO 59 CASELAS 35
Infantil Masc: TUI 69 CASELAS 36
Infantil Fem: DEFENSORES MORRAZO 37 CASELAS 39
Mini Mixto: CASELAS 58 NIGRÁN 37
Premini A: CASELAS A 67 BAIONA 19
Premini B: CASELAS B 24 N.S.ESPERANZA 11