SENIOR FEMININO

PULPIÑO GALO SANTIAGO 36 – 40 C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE

Parciais: 6 – 4 / 6 – 10 / 6 – 16 / 18 – 10

Anotadoras: Tamara 12; Susi 7; Andrea 5; Joana 4; Saray 4; Yoli 2; Iria P.2; Laura 2; Cris 2; Elena V.; Elena T.

O noso Senior Feminino LR Natural Granite rematou esta tempada oficial 2025-26 cunha victoria a domicilio no partido de volta do cruce Norte – Sur perante o equipo Santiagués do Pulpiño Galo.

Despois de gañar por tres puntos no partido de ida en Salceda, nesta ocasión levamos a victoria rematando catro arriba nun encontro con poucos puntos anotados.

Grazas á aportación e compromiso de todas as xogadoras sacaron adiante unha eliminatoria moi igualada, firmando desta maneira un bo final de curso no que o equipo competíu moi ben e no que mostrou ser un grupo moi forte de 15 xogadoras adestrando con ilusión e continuidade.

O senior feminino aséntase en Salceda neste terceiro ano de vida e promete traernos moitas alegrías nas vindeiras tempadas !

O equipo estivo acompañado por unha veintena de afeccionad@s que viaxaron no bus do equipo ata Santiago. Grazas familia do Caselas !

SENIOR MASCULINO

C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 70 – 52 C.B. NIGRÁN

Parciais: 11 – 13 / 22 – 17 / 21 – 6 / 16 – 16

Anotadores: Xur 13; Eloy 12; Jose 10; Jano 10; Manu G. 7; Pablo C. 6; Pablo S. 5; Héctor 2; Fredi 2; Girma 2; Rober 1; Iván.

Tras unha decepcionante primeira xornada de copa na que o Caselas non competíu como se esperaba en Mos, o equipo de Martín redimíuse cun gran partido na casa derrotando de maneira clara a un forte rival como é o C.B. Nigrán.

Os nosos saíron enchufados dende o inicio e ademáis do gran nivel defensivo mostrado, recuperaron as sensacións ofensivas e grazas a un traballo coral leváronse un importante triunfo para loitar pola clasificación para a final de copa.

A próxima fin de semana toca derbi rexional en Porriño, o que promete ser un encontro apaixoante.

A por todas !

JUNIOR MASCULINO

C.B. CASELAS CONSTRUCCIONES MACEIRAS 42 – 74 SEIS DO NADAL B

Derrota do Junior Masculino, nun encontro no que os rapaces déronno todo e competiron ben.

Agora, a pola copa !

JUNIOR FEMININO

CELTA CELESTE 70 – 39 C.B. CASELAS MOTHERSON

Partido duro para pechar a tempada do Junior Feminino nesta derradeira xornada de copa.

O equipo de Adrián visitaba por primeira vez as pistas de Balaídos para xogar perante o Celta e como durante todo o curso as Junior competiron moi ben, sobre todo na primeira metade.

Na segunda parte non tiveron o acerto suficiente cara ao aro para poder loitar polo triunfo, pero continuaron xogando e intentandoo ata o derradeiro segundo.

Noraba pola tempada rapazas, sodes un orgullo para o C.B. Caselas.

CADETE MASCULINO

C.B. REDEIRAS 54 – 50 C.B. CASELAS BALIDEA

O Cadete Masculino Balidea rematou a tempada cun partido moi competido en Moaña.

Os rapaces do Caselas o deron todo nun encontro no que foron gañando en moitas fases, pero no que o equipo local acadou finalmente a victoria nun final igualadísimo.

Chega así o final da competición oficial para este equipo, nun curso moi irregular, con partidos moi bós e outros nos que non competimos ao máximo das nosas posibilidades.

A continuar mellorando !

INFANTIL MASCULINO

C.B. REDONDELA 44 – 51 C.B. CASELAS ELECTRICIDADE CONDADO

O infantil masculino acadou unha gran victoria a domicilio na visita ao C.B. Redondela nun encontro moi igualado no que os rapaces competiron moi ben.

Na próxima xornada recibimos a visita de Miralba coa ilusión de poder meternos na fase final de copa.

Pase o que pase, a desfrutar !!!

INFANTIL FEMININO

C.B. CASELAS EAM 38 – 53 C.B. BAIONA

Derrota na casa do infantil feminino na penúltima xornada de copa.

A próxima fin de semana visitaremos ao C.B. Nigrán !

MINI MASCULINO

C.B. CASELAS NOREXCA 71 – 22 C.B. MIRALBA

Partidazo do mini masculino que acadou unha clara victoria grazas ao esforzo e aportación de todos os rapaces. Noraboa !

PREMINI

C.B. CASELAS ALVANOR 37 – 64 C.B. REDONDELA

O premini competíu moi ben ante un gran equipo como é o CBR e os rapaces o deron todo.

A pola derradeira xornada de copa !!!

ACTIVIDADES E EVENTOS FINAL DE TEMPADA

As ligas e copas van rematando, mais todavía queda moita tela que cortar neste curso:

Xornadas finais de copa, Torneo Vila de Salceda, Concentracións Baby, Liga dos Insectos e Dinosaurios, Partido de Nais e Pais…e por suposto o V CAMPUS DE VERÁN DO C.B. CASELAS !!!

Permanecede atent@s !!!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!