SENIOR MASCULINO

O Senior Masculino C.B. Caselas Hermanos Núñez rematou a liga o pasado sábado cunha derrota en casa ante o equipo do Mar de Vigo.

C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 49 – 68 MAR DE VIGO

Parciais: 17 – 12 / 7 – 20 / 13 – 16 / 12 – 20

Anotadores: Girma 10; Rober 8; Pablo C. 8; Eloy 7; Xur 6; Héctor 4; Manu G. 2; Iván 2; Jose 2.

O noso equipo senior masculino rematou esta pasada fin de semana a liga 2025-26.

Os de Martín non acadaron unha victoria neste derradeiro partido en casa, pero isto non borra a gran tempada que realizou este grupo de xogadores.

Loitando ata a última xornada por clasificarse para os playoff de ascenso, os nosos competiron polo triunfo en practicamente todos os encontros, dando unha gran imaxe de actitude e compromiso para a nosa canteira.

Estamos moi orgullosos dos nosos equipos senior !!!

Agora a pola copa !!!

JUNIOR FEMININO

C.B. CASELAS 65 – 49 C.B. CONDADO

Gran momento de xogo e resultados do noso equipo Junior Feminino, que a pesares das baixas (Eva e Diana están lesionadas) xogou un bo partido sobre todo no aspecto ofensivo, acadando a terceira victoria consecutiva.

Grazas ao esforzo de todas as rapazas o Caselas dominou o encontro no xogo e o marcador.

A destacar a porcentaxe en tiros libres das nosas: 20-29 dende a liña de 4,60.

Noraboa

JUNIOR MASCULINO

SALESIANOS VIGO A 87 – 26 C.B. CASELAS CONSTRUCCIONES MACEIRAS

C.B. NIGRÁN 91 – 35 C.B. CASELAS BALIDEA

INFANTIL FEMININO

C.B. CASELAS EAM 31 – 22 C.D. MIRALBA

INFANTIL MASCULINO

COLEXIO MARIANO 33 – 30 C.B. CASELAS ELECTRICIDADE

MINI FEMININO

C.B. CASELAS A XANELA 52 – 60 SALESIANOS VIGO C

MINI MASCULINO – C.B. CONDADO

C.B. CASELAS NOREXCA 26 – 38 C.B. CONDADO

C.B. REDONDELA 45 – 29 C.B. CASELAS ALVANOR


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!