
Unha tempada máis o C.B. Caselas participou no gran TORNEIO INTERNACIONAL EUROCIDADE DE VALENÇA DO MINHO, PORTUGAL, unha cita moi agardada pol@s nos@s rapaz@s!
Trátase dun enorme evento deportivo con 40 equipos e 600 xogador@s de clubes de toda Galicia e Portugal en dous días de moito baloncesto, actividades e convivencia, que resulta unha tremenda e enriquecedora experiencia para tod@s @s participantes.


Os nosos equipos de categoría Premini, Mini Feminino e Mini Masculino divertíronse a reo, portáronse xenial e déronno todo nos oito partidos que xogaron cada un, deixando o nome do C.B. Caselas nun alto lugar durante os dous días de torneo, tanto polo seu nivel deportivo como sobre todo polo seu comportamento e actitude!



Temos que agradecer encarecidamente ao BC VALENÇA a xenial e espectacular organización coa gran dificultade que supón levar a cabo un torneo con semellante cantidade de participantes.



Tamén dar as grazas pola súa hospitalidade, facéndonos sentir coma na casa un ano máis.
NORABOA POLO VOSO GRAN TRABALLO !!!
Vémonos o ano que vén !!!

AS PRAZAS PARA O V CAMPUS DE VERÁN DO C.B. CASELAS ESTÁN A VOAR !!!
PREINSCRICIÓNS AQUÍ:
http://www.campus.baloncestocaselas.com

Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments