Os equipos Senior Feminino e Masculino do C.B. Caselas atópanse nunha boa liña de xogo e resultados neste momento da tempada e esta fin de semana o refrendaron con sendas victorias na casa, ante un público cada vez máis numeroso que está enganchándose ao compromiso e o bo ambiente que transmiten ambos os dous grupos. Sodes un gran exemplo para a nosa canteira !!!

SENIOR FEMININO

C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE 52 – 41 CÍA DE MARÍA VIGO

Parciais: 10 – 12 / 16 – 4 / 15 – 14 / 11 – 11

Anotadoras: Tamara 20; Cris 10; Susi 6; Andrea 6; Laura 4; Elena V. 2; Yoli 2; Joana 2; Alba; Elena T.; Iria Pérez.; Iria Pino.

O noso senior feminino acadou a cuarta victoria nos últimos cinco partidos xogando un encontro moi serio en defensa perante o equipo vigués de Cía de María, un conxunto que nos gañara na ida de maneira clara, mostrando a melloría das nosas nos derradeiros meses.

As de Julián grazas á aportación de todas as xogadoras mostraron un bo nivel de xogo e acadaron unha victoria importante na casa de cara ao final de liga regular. Noraboa e a polo seguinte !!!

SENIOR MASCULINO

C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 62 – 35 PBB C PORRIÑO

Parciais: 18 – 15 / 24 – 8 / 9 – 2 / 11 – 10

Anotadores: Eloy 12; Xur 9; Jorge 8; Pablo C. 7; Álex 7; Brais 6; Girma 5; Jose 2; Iván 2; Fredi 2; Jano 2;

No caso do Senior Masculino, o triunfo no derbi comarcal na visita do Porriño Baloncesto supón nada máis e nada menos que o quinto de maneira consecutiva.

Os de Martín están en boa dinámica e o equipo está a acadar grandes resultados nesta recta final da liga regular. Todos aportan e o que nos fai máis felices é que o noso Junior Brais Martínez formado dende baby na nosa canteira continúa a estar moi metido en dinámica senior.

Grandes !!!

JUNIOR MASCULINO

C.B. CASELAS CONSTRUCCIONES MACEIRAS 36 – 50 SAN JOSÉ CLUNY

Bo esforzo dos rapaces do Junior na visita do San José Cluny.

CADETE MASCULINO

C.B. CASELAS BALIDEA 54 – 60 SEIS DO NADAL

Partido igualado e emocionante dos nosos cadetes que o deron todo ata o derradeiro segundo de xogo.

INFANTIL FEMININO

C.B. CASELAS EAM 28 – 16 CELTA MARINO

Gran victoria para o noso infa feminino na visita do Celta. Grandes !!!

MINI MASCULINO

C.B. CASELAS NOREXCA 35 – 38 NOVOBASKET

Partido emocionantísimo do noso mini masculino que remontou no marcador despois de comezar 0 – 14 en contra, mais o encontro decidíuse ao final a favor dos visitantes.

MINI FEMININO

MIRALBA 55 – 28 C.B. CASELAS A XANELA

Partido duro na sempre difícil pista de Miralba, no que as rapazas do Caselas o deron todo. Grandes

VIAXE A OURENSE

Como cada tempada e xa van moitos anos, a familia do C.B. Caselas encheu un bus enteiro para animar aos amigos do COB Ourense Baloncesto nunha cita clásica no noso clube.

Nesta ocasión vivimos un partidazo entre o equipo local e outro clásico da competición como é o Tizona Burgos. O encontro decidíuse nos derradeiros segundos a favor dos Ourensáns por un apretado 79 – 77, un triunfo importante para eles na súa loita por entrar nos PlayOffs de ascenso á ACB.

Grazas á directiva, traballador@s e xogadores do COB por facernos sentir coma na casa !!!

Voltaremos pronto !!!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!