SENIOR FEMININO

C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE 62 – 49 C.B. O GROVE

Parciais: 17 – 14 / 9 – 10 / 22 – 10 / 14 – 15

Anotadoras: Tamara 26; Cris 14; Saray 10; Andrea 6; Susi 3; Joana 2; Yoli 1; Ainhoa; Laura; Ana; Iria P.; Elena T.

O senior feminino do C.B. Caselas acadou a victoria na casa perante o C.B. O Grove nun encontro con dúas partes moi diferenciadas.

Nos primeiros periodos o equipo non estivo moi intenso en defensa e marchamos ao descanso soamente con dous puntos de vantaxe no electrónico.

Tras o paso polos vestiarios as de Julián reaccionaron e melloraron no aspecto defensivo, impoñendo o seu xogo e colleitando un merecido triunfo.

Noraboa !

SENIOR MASCULINO

C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 47 – 44 SAN JOSÉ DE CLUNY

Parciais: 8 – 15 / 12 – 4 / 11 – 14 / 16 – 11

Anotadores: Girma 12; Jano 7; Pablo S. 6; Héctor 5; Xur 4; Eloy 4; Iván 3; Álex 3; Brais 2; Rober 1; Jose; Fredi.

O senior masculino disputou o pasado sábado na casa un partido duro e igualado perante o sempre intenso equipo de Los Sauces vigués.

Os de Martín tiñan marcado no calendario este encontro para romper coa mala racha das últimas semanas e o equipo respondeu ben nun partido igualado.

Grazas ao esforzo e aportacion de todos os xogadores, o Caselas reencontrouse coa victoria e recuperou sensacións. A continuar mellorando !

RESULTADOS DA BASE:

Esta fin de semana tocou gañar todos os partidos menos un, algo que como xa comentamos moitas veces non é nin será nunca o foco principal do noso clube. Haberá xornadas nas que non gañemos ningún encontro.

Competir sempre ao máximo das nosas posibilidades en todas as categorías SEMPRE.

Intentar gañar SEMPRE.

Valorar e evaluar a mellora, compromiso e esforzo dos nos@s rapaz@s e equipos centrándonos no resultado dun partido NUNCA.

JUNIOR MASCULINO

PBB B 70 – 43 C.B. CASELAS CONSTRUCCIONES MACEIRAS

INFANTIL FEMININO

C.B. CASELAS EAM 42 – 40 C.B. BAIONA

INFANTIL MASCULINO

C.B. CASELAS ELECTRICIDADE CONDADO 69 – 45 LOS SAUCES BMB

MINI MASCULINO

C.B. MIRALBA 11 – 50 C.B. CASELAS NOREXCA

MINI FEMININO

DIVINO SALVADOR LOS SAUCES 45 – 52 C.B. CASELAS A XANELA

PREMINI

PBB MIXTO 21 – 23 C.B. CASELAS ALVANOR

ENTROIDO 2026

A vindeira fin de semana soamente xogará o Senior Masculino. As demáis categorías descansarán polo Entroido. A desfrutar !!!

SAÍDA AO PARTIDO DO CELTA FEMININO LIGA CHALLENGE

O próximo sábado 21 de febreiro asistiremos como xa é tradición a ver un partido do CELTA FEMININO da LIGA CHALLENGE ao pavillón Municipal de Navia.

ACTIVIDADE GRATUÍTA para XOGADOR@S DO C.B. CASELAS!

Anótate neste enlace:

https://forms.gle/Tuoz3pkRD2msKffd6


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!