SENIOR MASCULINO

C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 58 – 49 CBA VIGO
Parciais: 15 – 9 / 6 – 14 / 16 – 15 / 21 – 11
Anotadores: Pablo S. 16; Xur 8; Manu L. 6; Manu G. 6; Jorge 5; Iván 4; Eloy 4; Jose 3; Rober 2; Álex 2; Héctor 2; Girma.
Gran partido o disputado polo noso senior masculino o pasado sábado no pavillón municipal de Salceda perante o equipo vigués do CBA.
Os de Martín fixeron un partido moi completo e mostraron un bo nivel de xogo colectivo, sobre todo no primeiro e derradeiro periodo do encontro.
O equipo visitante non o puxo fácil e no terceiro cuarto igualou as forzas, poñéndose incluso por diante no marcador; pero o Caselas subíu o nivel defensivo e levouse unha merecida victoria, confirmando as boas sensacións das primeiras xornadas de liga.
Noraboa e a seguir traballando!
CADETE MASCULINO

C.B. CASELAS 57 – 38 C.B. REDEIRAS
Partido moi serio do cadete masculino na visita do C.B. Redeiras, no que os rapaces de Adrián mostraron unha gran actitude e todos aportaron para levarse o triunfo.
Grandes!
INFANTIL MASCULINO

CBR REDONDELA 36 – 58 C.B. CASELAS
O Infantil Masculino debutou en competición cun partidazo no que os de Eloy o deron todo, desfrutaron e aínda por riba gañaron na difícil pista do C.B. Redondela!
INFANTIL FEMININO
COLEXIO MARIANO 62 – 26 C.B. CASELAS EAM
Tamén debutaron as rapazas do infa (para moitas era o seu primeiro partido en categoría infantil), nun encontro no que as de Luismi esforzáronse ao máximo e non se rendiron en ningún momento perante un duro rival como é o Mariano.
Isto acaba de comezar e o equipo ten moito marxe de mellora. A seguir!

ESTE PRÓXIMO SÁBADO 25/OUTUBRO SUPER TARDE DE BASKET FEMININO EN SALCEDA!

16:00h INFANTIL FEMININO: C.B. CASELAS EAM – SEIS DO NADAL
18:00h SENIOR FEMININO: C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE – C.B. RÍO ULLA
20:00h JUNIOR FEMININO C.B. CASELAS MOTHERSON – C.B. CLUNY SAN JOSÉ
SE ERES PREMINI OU MINI DO CLUBE TRAE A EQUIPAXE, PON OS TENIS E XOGA UN PARTIDO NO DESCANSO DO SENIOR FEMININO!
@S PARTICIPANTES ENTRAREDES NO SORTEO DE 2 AUDIOLIBROS DE A BANDA DOS INSECTOS!!

HABERÁ CANTINA E OUTLET DO C.B. CASELAS!!!
AGARDÁMOSTE !!!
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments