blank

Presentábase a priori un duelo duro e apaixonante entre os dous primeiros da liga regular (e actualmente tamén nesta fase de ascenso), e o partido non defraudou.

O C.B. Caselas, con gañas de quitarse a espiña cravada da semana pasada, saiu ben dende o inicio, conseguindo imprimir o seu xogo e acadando as primeiras ventaxas. Unha primeira metade con gran defensa colectiva e xogando moi ben en ataque que deu como resultado un 27-34 ao descanso.

Pero sabiamos perfectamente que a segunda metade iba a ser un novo partido, e como todos os partidos contra Seis do Nadal, ibamos a sufrir moito. E así foi.

O terceiro periodo foi o peor en canto a anotación, pero en defensa seguimos centrados, o que nos permitiu entrar no último cuarto con ventaxa: 36-40. Nese periodo final recuperamos o bo xogo ofensivo e conseguimos unha merecida victoria que nos dá moral para afrontar os tres últimos partidos do play off.

Todos os xogadores aportaron o seu, mostrando gran unión e seriedade no grupo. O deron todo. Comentar que Rober Temporao lesionouse no nocello no segundo cuarto, non puidendo voltar a xogar. Esperamos unha pronta recuperación.

O vindeiro fin de semana voltamos a xogar fora, na pista do Rías Baixas de Vigo.

CB.CASELAS (52): Jano 10, Darío 10, Fredi, Toni 2, David Ledo 8. QUINTETO. Jose, Xur 18, Rober Temporao, Rober Alvarez 2 e Jorge 2. Foron baixas Nico e Sergio.

Parciais: 10-18 / 17-16 / 9-6 / 13-12.

Incidencias: Pouco público no Pavillón do Colexio Seis do Nadal en Coia, con presencia de varios afecionados do Caselas.

 

CATEGORIAS BASE:

Os nos@s baby acudiron este domingo a Navia para participar nunha nova concentración.

blank

Nova e autoritaria victoria das Junior contra Xinzo de Limia por 65-28 nun bonito encontro das de Adrián e Xan. Noraboa campeonas!!

blank

Os resultados foron:

Junior Fem: CASELAS 65 XINZO 28
Infantil Fem: CONDADO PONTEAREAS 41 CASELAS 25
Mini Mixto: GARCÍA BARBÓN 54 CASELAS 39
Premini A: CASELAS A 75 SEIS DO NADAL 53
Premini B: CASELAS B 25 ENSEÑANZA 43
Baby: CONCENTRACIÓN BABY EN NAVIA.