CADETE FEMININO

C.B. CASELAS NOREXCA 42 – 21 C.B. TUI
As nosas cadetes gañaron a volta da eliminatoria das semifinais do seu grupo perante o C.B.Tui (tras gañar a domicilio na ida por 32 – 47), clasificándose desta maneira para a final a doble partido contra o equipo vigués do Seis do Nadal que desputarán á volta das vacacións.
Noraboa rapazas, a desfrutar deste gran logro!
INFANTIL MASCULINO

SALESIANOS VIGO B 59 – 49 C.B. CASELAS NATURAL GRANITE
Bo partido do Infa Masculino Natural Granite na sempre difícil pista de Salesianos, no que os de Luismi competiron ben ante un duro rival!
MINI FEMININO

NOVOBASKET FEMNININO 17 – 21 C.B. CASELAS JGC VENDING
Partido moi sufrido o desputado polo noso Mini Feminino ante o Novobasket, con dous equipos que o deron todo e que as nosas acabaron gañando cun resultado máis propio de balonmán!
Bo esforzo!
PREMINI MIXTO



C.B. CASELAS 32 – 17 C.B. CONDADO
O premini mixto desputaron por fin un partido na casa (a súa competición xógase no Pavillón Universitario do CUVI), recibindo a visita dos nos@s amig@s do C.B. Condado.
@s rapaz@s de ambos os dous equipos o deron todo e desfrutaron nun bonito encontro!
SENIOR MASCULINO

C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 50 – 53 C.B. REDEIRAS
Parciais: 13 – 14 / 7 – 17 / 12 – 8 / 18 – 14
Anotadores: Xur 14; Álex 9; Pablo S. 7; Girma 6; Jose 5; Manu L. 3; Fredi 2; Iván 2; Pablo C. 1; Héctor 1; Manu G.
Derradeiro partido da liga regular para o noso Senior Masculino que, como durante toda a tempada, competíu ao máximo perante un duro rival como é o C.B. Redeiras de Moaña.
Os de Martín atacaron ben a zona plantexada polo equipo visitante, pero non estiveron acertados cara o aro en situacións ben traballadas.
Aínda así, dispuxeron dun tiro de tres nos derradeiros segundos para levarse a victoria.
Remata así unha gran liga regular dos nosos, que o deron todo e estiveron ata as derradeiras xornadas con opcións de meterse na fase de ascenso na competición senior masculina zonal máis igulada que recordamos!
Orgullos@s do noso senior!
Agora, a pola copa!!!

VACACIÓNS SEMANA SANTA
Toca descansar unha semaniña antes de afrontar o derradeiro trimestre do curso, que preséntase apaixoante: as finais das competicións de liga, copa federación para todas as categorías, derradeiras Concentacións Baby, Copa dos Insectos e Dinosaurios (e dos Fósiles!), Partido de Nais e Pais, Torneos Final de Tempada, IV Campus de Verán … aínda queda moita tela que cortar nesta tempada 2024-25!
Voltaremos aos adestramentos con todas as categorías o LUNS 21 DE ABRIL
(Agás o baby que o frá o xoves 24 !!!)
FELICES VACACIÓNS!
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments