A banda dos insectos na TARDE da Radio Galega

O noso coordinador deportivo Adrián será entrevistado hoxe en directo dende a praza do Concello de Salceda a propósito da Festa dos Callos as 18:30h , no programa A TARDE da Radio Galega.

Falará sobre o seu grupo educativo-musical A BANDA DOS INSECTOS, apoiado polo C.B.CASELAS e os seu futuro próximo cun concerto o 14 de setembro no Festival Miúdo Fest de Mos e a publicación en outubro do Audio Libro PASANDO A BOLA!

(máis…)

3×3 insectos 2019

O próximo sábado 31 de agosto arrancaremos a tempada do Club Baloncesto Caselas coa terceira edición do torneo 3×3 Insectos Concello de Salceda.

Na fin de semana da Festa dos Callos, máis de 80 xogadores entre Minibasket e Senior, desfrutarán dun día de baloncesto no Pavillón Municipal de Salceda.

Se vos apetece acompañarnos, estades convidados.

(máis…)

Documental “Las junior”

Todo o noso respeto e admiración por este incrible grupo de rapazas que axudaron o noso club a ser un pouquiño mellor. E na súa honra aquí vos deixamos a documental que lles dedicamos. Desfrutádeo!!!

Liga dos insectos 2019

Xa se vai achegando o día. Xa casi se ven os bechos correndo pola pista.

O próximo luns comeza a Liga dos insectos, duas semanas de festa no Club Baloncesto Caselas. Diversión e baloncesto por doquier.

Aquí vos deixamos os equipos e os horarios para que os teñades a man.

(máis…)

Tempada excepcional dos Premini

 

Hoxe remata unha maravillosa tempada para os nosos Premini A. Para moitos deles a última nesta categoría xa que na vindeira serán Minis.

Esta tarde a partires das 18:00 xogarán o último partido do Playoff parante o Porriño, agardamos vervos animando. Gañen ou perdan proclamaranse campións do PlayOff, despois de xa terse proclamado campións de liga no grupo Premini A.

Non hai calificativos para estes rapaces e rapazas. Posiblemente a mellor descripción encóntrase no comezo deste artigo, na súa foto. Un grupo alegre, cheo de amizade e compañeirismo.

(máis…)

Hoxe no Faro de Vigo

Hoxe o noso Senior aparece nos páxinas do Faro de Vigo. Gran tempada para un gran conxunto tanto no deportivo coma no persoal. #cbcaselas #PresumedeClub #farodevigo

Obxetivo acadado!

Onte o noso equipo senior acadou por méritos propios o ascenso a Terceira división A o impoñerse o Seis do Nadal (60-53). Traballo, constancia, compañeirismo e moito esforzo fixeron posible que fosen Campións de liga regular e campións do Playoff de ascenso. E sen parar pasamos a Copa de Primavera… Ler máis

7 días

  Comeza unha semana de ilusión, moito traballo e esforzo. O próximo domingo xogarémonos o ascenso perante o 6 do Nadal as 19:00 no noso pavillón. Nun apretadísimo Playoff que chega a última xornada con opcións para case todos. Así que xa sabedes, o próximo domingo despois dun paseiño e… Ler máis