Novas
Convocatoria eleccións a directiva.
Seguindimo os estatutos do club e cumpridos os 4 anos da actual directiva, procédese a convocatoria de eleccións. Este é un procedemento aberto a todos os socios do club polo que facemos publica a correspondente documentación da convovatoria.
Novas
Recompoñendo o Caselas
Atréveste!! Axúdanos a recompoñer o noso club.
Pois aquí vos deixamos un reto a ver si o conseguides. Se o logrades podedes contalo na publicación do facebook!!
Todos xuntos venceremos.
Novas
Hoxe no Campeones do Faro de Vigo
Hoxe no suplemento Campeones do Faro de Vigo, falan dos nosos xogadores, que son os que fan posible este Clube. Falan do noso esforzo común polo deporte, a amizade e futuro destes nen@s.
Novas
Libraría Couceiro: A banda dos insectos
Dende a Libraría Couceiro recomendan e falan sobre o libro presentado onte “A banda dos insectos: Pasando a bola”. Aqui tendes o video. Recordade que podemos mercar o libro na web da editorial ou directamente falando co noso coordinador Adrián Salgado Recordade que podemos mercar o libro na web… Ler máis
Novas
Presentación do libro “A Banda dos Insectos”
Mañán, 19 de novembro as 18:00, presentarase na Biblioteca Municipal o Audiolibro “A Banda dos Insectos”. Este xenial proxecto, leva a música composta polo noso Coordinador Deportivo Adrián Salgado. Esta pequena semente dos insectos que prantamos o abeiro do Club Baloncesto Caselas, medrou escapando o noso control para converterse nun… Ler máis
Novas
Onte no Faro de Vigo
![]()
Onte ocupamos un pequeno oco no Faro de Vigo, no que se fixeron eco das nosas andanzas na pasada tempada e no 3×3 da pasada semana.
Aquí vos deixamos un enlace no que podedes ler o artigo en pdf.
Novas
3×3 insectos Concello de Salceda

Arrincamos a tempada con forza e moitas ganas.
Contentos e orgullosos do torneo deste pasado sábado no que contamos coa participación de preto de 90 xogadores en minibasket e senior.
Este foi o podio final, ainda que dende o Club queremos felicitar a tódol@s xogador@s polo deportivo comportamento que demostraron.
1º Lanzo Balls
2º Tira Cervezas
3º Convento do Camiño Team
Debemos agradecer, coma sempre a súa inestimable colaboración o Concello de Salceda de Caselas o Concelleiro de Deportes Rubén por acompañarnos.
Aquí deixamos unhas fotos para o recordo.
Novas
Sempre con nos!

Un ano sen ti compañeiro. Parte do teu legado estará sempre no C.B. Caselas.
Sempre estarás no noso recordo.