A pesar de que esta tempana non foi todo o prolífica que nos gustaría, levou moito esforzo manternos a flote e estamos cansidiños. Temos todos os deberes feitos así que imos tomarnos un descanso estival para coller novos folgos. Vémonos a partires do 30 agosto!! Iremos informando de todo coma sempre na nosa web e…
Novas
Despois dun curso no que tomamos a difícil decisión de non competir con ningunha categoría, chegabamos ao mes de xuño cun calendario repleto de partidos e torneos amistosos e coa nosa clásica Liga dos Insectos, que voltaba dous anos despois tras o parón pola pandemia, acompañada este ano coa súa nova irmá maior a Liga…
A semana pasada recibimos a visita dunha representación das Míticas Junior, unha xeración inolvidable de xogadoras que marcou unha época no C.B.Caselas. Agardamos que poidan xogar ao baloncesto de novo na que é a súa casa nun senior feminino. Traballamos a reo para que isto aconteza máis pronto que tarde! Se non coñecedes o documental…
O noso coordinador deportivo Adrián participará como adestrador de dous campus durante este verán. O campus do C.B.Redondela (do 23 ao 30 de xuño) e o Campus Encesta Rías de Vilagarcía de Arousa (do 5 ao 10 de xullo) contarán cos seus servicios e servirá ao noso coordinador para seguir sumando experiencia e continuar formándose…
Este sábado 12 de xuño de 2021 celebraremos no Pavillón Municipal de Salceda de Caselas, en colaboración coas EDM e o Concello de Salceda, o torneo triangular de categoría infantil mixto no que participarán o C.B.Caselas, o C.B.Redondela e A.D.B. Fontiñas de Santiago. Estamos con moitas ganas e de aproveitar este mes de xuño para…
Onte foi a segunda xornada da nosa Liga dos Insectos/Dinosaurios. Faise moi estraño entrar no pavillón e velo cheo de nen@s multicolor correndo pola pista ? e pensar que temos un fin de semana a rebosar de partidos. Como xa dixemos moitas veces foi un ano complexo para o clube en todos os sentidos, polo…
O noso coordinador deportivo Adrián Salgado e o adestrador de mini e junior Luis Miguel Domínguez viviron unha gran experiencia tras acceder a unha beca Erasmus a través dos Ciclos Formativos de Adestradores de Baloncesto que están cursando durante esta tempada no IES Bouza Brey de Vilagarcía. No caso de Luismi, que xa estivo a…
Achegámonos o final deste atípica e complexa tempada. Unha tempada na que tivemos que tomar a dificil decisión de non xogar partidos oficiais e incluso deixar de adestrar en varias ocasións. Tivemos que prohibirvos a entrada o pavillón, cancelar as nosas habituais saídas para ver o C.B. Ourense, o Obradoiro e prescindir da presentación da…
Nesta tempada tan estrana, imos darlle un pequeno premio @s nos@s xogador@s. Ben merecen un día de alegría e alborozo (con todas as medidas pertinentes ?). Por iso este próximo sábado 17 de abril celebraremos unhas pequenas Olimpiadas para estes enormes nen@s que nos están axudando co seu esforzo a superar todos os baches que…
Noraboa a Elena do junior feminino e André do masculino, gañador@s do sorteo dos debuxos dos seus respectivos equipos, realizados polo gran debuxante Javier Pereira! Visita a súa páxina e coñece o seu traballo: https://www.facebook.com/FJPereirart / https://www.instagram.com/fjpereirart/ Á volta da Semana Santa faremos os sorteos dos debuxos de infantil e minibasquet!