O noso senior masculino voltará ás pistas de maneira oficial este domingo 31 de outubro ás 19:00h no Pavillón Municipal de Salceda de Caselas, logo dun ano e medio de parón competitivo.

blank

Será a primeira xornada para os Caselas, na que se enfrentará ao equipo vigués Sauces San José, nun duelo xa clásico da 3ª División Autonómica.

ASISTENCIA PÚBLICO: A entrada ao partido será xa NORMAL e LIBRE, polo que animamos a xogador@s, familias, afeccionad@s e todo aquél que lle apeteza gozar do baloncesto, que acuda ao pavillón este domingo ás 19:00h!

Estamos desexos@s de que chegue xa o momento de voltar ao pavillón cada fin de semana e desfrutar (con sentidiño) dos nosos equipos competindo ao máximo nunha pista de baloncesto.

ARRIBA CASELAS!!!