Domingo de emocións fortes no C.B. Caselas coa final de copa do Infa, a clasificación do Senior para a Final Four e o Superdomingo de Baloncesto en Salceda !!!

INFANTIL MASCULINO: FINAL DE COPA

C.B. CASELAS ELECTRICIDADE CONDADO 33 – 47 C.B. TUI

Non puido ser e o Infa Masculino non alcanzou a victoria na final de copa, pero o orgullo que todo o C.B. Caselas sinte por este grupo de rapaces e o seu adestrador Eloy é tremendo.

Somos SUBCAMPIÓNS DE COPA !!!

O partido foi moi competido e vibrante, con ambos os dous equipos deixando todo na pista e o marcador final non reflexa o igualado que foi o encontro.

A falta de acerto no tiro exterior do Caselas privou aos nosos de chegar con opcións nos derradeiros minutos, pero TODOS os xogadores estiveron incríbles !!! Sodes moi grandes !!!

Noraboa ao C.B. Tui polo título !!!

Perder unha final doe, pero estamos seguros que nuns días os rapaces valorarán positivamente o temporadón que fixeron para afrontar con moitas ganas o curso que vén despois dunhas merecidas vacacións !!!

SENIOR MASCULINO

C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 66 – 52 C.B. CONDADO

Parciais: 24 – 16 / 17 – 10 / 13 – 10 / 12 – 16

Anotadores: Pablo C. 16; Jano 14; Jorge 7; Xur 6; Iván 6; Eloy 5; Girma 4; Jose 3; Pablo S. 3; Manu G. 2; Rober; Héctor.

O noso senior masculino buscaba poñer a guinda á unha gran tempada clasificándose para a Final Four da Copa. Para iso estaba obrigado a gañar o derbi perante Condado, e os de Martín saíron decididos a facelo axudados pola afición do Caselas.

Os nosos dominaron o ritmo de xogo durante practicamente os 40 minutos, pero como é habitual soe ser habitual, o equipo de Ponteareas é un rival duro de batir e non o puxo nada sinxelo.

Grazas a aportación de todos os xogadores, o C.B. Caselas alcanza unha vez máis a FINAL FOUR DA COPA

Agora toca desfrutalo e dalo todo para intentar conquistar o terceiro título copeiro da historia do noso clube en categoría senior masculina.

Noraboa a todo o equipo e corpo técnico por unha tempada na que este grupo de xogadores enganchou ao público pola súa actitude na pista e fora dela !!!

Este SÁBADO 13/XUÑO ás 17:00h desputaremos a SEMIFINAL no Pavillón do Berbés contra o equipo do MAR DE VIGO. Agardámosvos a TOD@S para animar ao equipo !!!

CONCENTRACIÓN BABY

Unha vez máis, e xa van tres este curso, o C.B. Caselas organizou unha nova CONCENTRACIÓN BABY na que @s rapaz@s o deron todo e desfrutaron do lindo xunto coas súas familias que abarrotaron as gradas do noso pavillón.

Grazas aos clubes participantes: Celta Baloncesto, C.B. Nigrán, Apóstol, Seis do Nadal e Salesianos polo seu bo facer e comportamento.

TORNEO VILA DE SALCEDA

O Superdomingo comezou co TORNEO VILA DE SALCEDA, torneo no que participaron os nosos equipos de premini, mini feminino e mini masculino e no que recibimos a visita do C.B. Tui, CLB Sigaltec Vilagarcía, Apóstol Vigo, Miralba e Divino Salvador – Los Sauces !!!

O equipo gañador da Canastra Imposible, formado por Enzo, Noé, Xoán e Martiño, recibiron como agasallo un Audiolibro de A Banda dos Insectos !!!

MIL GRAZAS ÁS FAMILIAS DO C.B. CASELAS por aportar auténticos manxares para a Cantina do Superdomingo. A vosa axuda e compromiso son impresionantes !!!

Moitas grazas a todos os equipos por participar, agardamos que o desfrutaran !!!

LIGA DOS INSECTOS 2026

Este luns comezou o torneo máis agardado por tod@s @s xogador@s de minibasket do clube !!!

A semana que ven uniranse os DINOSAURIOS INFA, CADETE E JUNIOR !!!

A desfrutar !!!

Xunto á Liga dos Insectos e Dinosaurios e o V CAMPUS de VERÁN, tamén teremos o tradicional partido de NAIS E PAIS para pechar a tempada!

PRONTO + INFO !!!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!