SENIOR MASCULINO

CBA VIGO 65 – 48 C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ

Parciais: 10 – 12 / 15 – 8 / 18 – 15 / 22 – 13

Anotadores: Grima 14; Álex 8; Jose 5; Manu G. 4; Xur 4; Jano 4; Héctor 4; Iván 2; Rober 2; Eloy 1; Brais.

Mal partido do noso senior masculino, que viuse superado polo equipo vigués do CBA o pasado domingo. O encontro xogouse ao ritmo que impuxeron os locais que leváronse merecidamente o triunfo.

A nota positiva foi o debut en partido senior do noso junior Brais Martínez, xogador que leva dende Baby formándose no C.B. Caselas e que neste derradeiro ano de categoría xuvenil está en dinámica do 1º equipo dende o principio de tempada. Grande Brais por este merecido premio. Isto é solo o inicio !

Os nosos non están no seu mellor momento, pero as tempadas teñen picos e despois de catro meses espectaculares en todos os aspectos o mes de xaneiro trouxo consigo varias derrotas duras.

A realidade é que salvo neste último partido, xogando mellor ou peor, sempre competimos pero agora toca unirse para mellorar e superar esta mala xeira de resultados.

Estamos seguros de que o gran grupo que forman conseguirán, independentemente de gañar partidos ou non, voltar ao bo camiño anterior. Esta fin de semana temos unha boa oportunidade para reaccionar coa sempre difícil visita do equipo de San José Cluny.

O partido será este SÁBADO 7 DE FEBREIRO NO MUNICIPAL DE SALCEDA ás 18:00h. A por todas !

SENIOR FEMININO

C.B. RÍO ULLA 90 – 48 C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE

Parciais: 29 – 11 / 23 – 9 / 21 – 17 / 17 – 11

Anotadoras: Tamara 15; Cris 11; Andrea 9; Susi 4; Laura 4; Saray 3; Joana 2; Iria Pérez.; Ana; Iria Pino; Elena T.; Alba G.

Derrota abultada do Senior Feminino C.B. Caselas na súa visita ao líder da competición, o Río Ulla de Pontecesures. As de Julián o intentaron, pero víronse superadas por un gran equipo.

O próximo DOMINGO 8 DE FEBREIRO ás 16:00h xogamos na CASA perante o C.B. O Grove.

Achegádevos ao pavillón para animar ao equipo !!!

INFANTIL MASCULINO

C.B. BAIONA 34 – 50 C.B. CASELAS ELECTRICIDADE CONDADO

Boa racha do noso Infantil Masculino en liga, que continúa a mellorar como equipo. Grandes!

OS DEMÁIS RESULTADOS DA XORNADA FORON OS SEGUINTES:

JUNIOR FEMININO

C.B.CONDADO 57 – 46 C.B. CASELAS MOTHERSON

JUNIOR MASCULINO

C.B. CASELAS CONSTRUCCIONES MACEIRAS 22 – 97 SEIS DO NADAL

INFANTIL FEMININO

C.B. NIGRÁN 41 – C.B. CASELAS EAM 25

MINI MASCULINO

C.B. REDEIRAS 57 – 41 C.B. CASELAS NOREXCA

PREMINI MASCULINO

C.B. NIGRÁN 29 – 14 C.B. CASELAS ALVANOR


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!