Gran fin de semana de baloncesto para o C.B. Caselas, con partidazos de todos os equipos e cos Senior Feminino e Masculino en plena racha de victorias.
Ambos os dous equipos están de dulce e gañaron dous partidos moi duros!
SENIOR FEMININO

MAREAS VIVAS VIGO 61 – 70 C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE
Parciais: 13 – 13 / 15 – 23 / 17 – 15 / 16 – 19
Anotadoras: Tamara 22; Cris 9; Susi 9; Iria Pérez 8; Elena V. 8; Joana 6; Saray 6; Ana 2; Alba; Ainhoa; Iria Pino; Elena T.
SENIOR MASCULINO

C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 61 – 51 C.B. REDEIRAS
Parciais: 10 – 10 / 15 – 10 / 14 – 18 / 22 – 13
Anotadores: Jano 15; Girma 13; Manu L. 9; Jorge 6; Xur 5; Iván 5; Eloy 5; Héctor 3; Jose; Rober; Manu G;Pablo S.
JUNIOR FEMININO

C.B. REDONDELA 54 – 55 C.B. CASELAS MOTHERSON
O encontro máis emocionante da xornada foi o desputado polo Junior Feminino en Redondela o pasado sábado, onde as rapazas do Caselas acadaron unha gran victoria totalmente in extremis.
Despois dun primeiro periodo para esquecer (o parcial 27 – 6 para as locais o di todo) no que as de Adrián cometeron moitos erros defensivos e perdas de balón innecesarias, o equipo reaccionou nun gran segundo cuarto e ao descanso o electrónico reflexaba un 31 – 20 para Redondela.
Na segunda metade o partido igualouse, máis o Caselas sempre foi a remolque no marcador.
O mellor estaba por chegar: con soamente 2 minutos e 30 segundos para o remate do choque as nosas estaban dez abaixo, pero este equipo sempre persevera e acadamos un parcial a favor de 11 – 0 culminado cun triplazo no derradeiro segundo da nosa xogadora Diana que deu a victoria ao Caselas!
Foi un auténtico momentazo, grandes!

A Federación Galega de Baloncesto está a promover unha campaña para o coñecemento da DIABETES TIPO A. Dende o Caselas apoiamos esta boa iniciativa!
Os demáis resultados da xornada foron os seguintes:
JUNIOR MASCULINO
PBB A 133 – 33 C.B. CASELAS
INFANTIL MASCULINO

PUERTA DEL ATLÁNTICO 4 – 54 C.B. CASELAS
INFANTIL FEMININO

C.B. BAIONA 46 – 44 C.B. CASELAS EAM
MINI FEMININO

C.B. CASELAS 59 – 52 C.B. CONDADO
MINI MASCULINO

C.B. CASELAS 37 – 42 C.B. CONDADO
PREMINI

CD ESPERANZA NEGRO 14 – 55 C.B. CASELAS

Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments