Os senior feminino e masculino do C.B. Caselas atópanse nun bo momento e gañaron por segunda xornada consecutiva o seu partido de liga!

SENIOR FEMININO

C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE 40 – 31 SANTA BAIA BOIRO

Parciais: 13 – 5 / 8 – 9 / 10 – 11 / 9 – 6

Anotadoras: Cris 12; Tamara 12; Elena V. 6; Iria P. 4; Yoli 2; Elena T. 2; Iria 1; Saray 1; Alba; Ainhoa; Ana; Joana.

Encontro moi serio do noso Senior Feminino LR Natural Granite, que impúxose ante o equipo de Santa Baia de Boiro o pasado sábado na casa.

As de Julián xogaron cun bo ritmo ofensivo durante os 40 minutos, máis tiveron a sensación de que a vantaxe no marcador debeu ser maior de non ser polos numerosos puntos sinxelos errados.

O equipo continúa a acoplarse e xa vai mostrando o seu potencial. Noraboa por esta segunda victoria e a pola seguinte!

SENIOR MASCULINO

C.B. REDONDELA 37 – 71 C.B. CASELAS

Parciais: 10 – 18 / 14 – 17 / 11 – 18 / 2 – 18

Anotadores: Girma 17; Fredi 8; Pablo C. 8; Iván 8; Jorge 7; Xur 7; Álex 6; Eloy 4; Jose 2; Rober 2; Manu L. 2; Manu G.

O noso senior masculino desputou un partido completísimo no que grazas ao esforzo e traballo de todos acadaron o triunfo máis abultado da tempada na súa visita ao C.B. Redondela. Grandes!

JUNIOR MASCULINO

C.B. CASELAS 47 – 51 APÓSTOL

Dende o corpo técnico do C.B. Caselas queremos mostrar o gran orgullo que sentimos despois do partido xogado polo noso Junior Masculino o pasado domingo na casa.

Os rapaces de Carlos mostraron un gran nivel na visita dun duro e físico rival como é o Apóstol e fixeron desfrutar á grada cun auténtico partidazo.

Os nosos xogaron cun gran ritmo ofensivo e o deron todo tanto en defensa coma no rebote, o que permitíu que en moitos momentos do choque o Caselas dominara o xogo.

Nun final trepidante a victoria puido caer para calquera dos dous equipos, pero finalmente foise para Vigo.

Nunha tempada complicada para o Junior o equipo está comezando a desfrutar e competir nunha durísima liga.

Noraboa e a continuar así!

JUNIOR FEMININO

C.B. CASELAS MOTHERSON 46 – 55 COLEXIO MARIANO

Partidazo das nosas Junior que coma sempre compiten ao máximo.

Non foi distinto na visita do sempre complicado equipo do Colexio Mariano e as de Adrián tiveron opcións de victoria ata o final grazas a un gran traballo e aportación de todas as xogadoras.

A mellorar, a porcentaxe de tiros libres, xa que de estar un pouco máis acertadas o resultado podería ser diferente.

Orgullos@s deste equipo !!!

CADETE MASCULINO

C.B. CASELAS 45 – 51 SEIS DO NADAL

Partido igualadísimo dos cadetes que na visita do Seis do Nadal o deron todo máis a victoria final a levaron os visitantes. Bo esforzo rapaces!

INFANTIL MASCULINO

C.B. CASELAS 48 – 28 SEIS DO NADAL

Segundo triunfo consecutivo na competición ligueira dos nosos infas, que xogaron un gran partido na casa. Agora teñen 3 encontros en cuestión de sete días debido a varios aprazamentos. A desfrutar!

INFANTIL FEMININO

C.B. CASELAS EAM 25 – 38 C.B. NIGRÁN

As infantiles continúan a competir a bo nivel nos sesus partidos e a pesares das baixas déronno todo na visita do C.B. Nigrán.

Ánimo rapazas e a continuar así que de seguir nesta liña os resultados chegarán pronto!

MINI FEMININO

DIVINO SALVADOR – LOS SAUCES 34 – 51 C.B. CASELAS

As minis están nun gran momento e despois de gañar por un punto na xornada anterior fixeron un partidazo o pasado domingo pola mañán no Colexio Los Sauces.

Desfrutaron e fixeron desfrutar ao público presente no madrugón dominical 🙂

MINI MASCULINO

C.B. REDONDELA 61 – 10 C.B. CASELAS

C.B. CASELAS 32 – 30 LOS SAUCES

Doble xornada para o Mini Masculino, con dous encontros moi distintos: o sábado víronse moi superados polo C.B. Redondela e onte desputaron un partido emocionantísimo na casa perante Los Sauces.

Grandes!

PREMINI

C.B. CASELAS 30 – 31 C.B. NIGRÁN

Cómo mola que os preminis xoguen na casa!

A tempada pasada a competición desta categoría desputábase obrigatoriamente no CUVI, pero este ano a Federación deu opción de xogar como locais cada 15 días e dende o C.B. Caselas non o dubidamos: o noso premini xogará en Salceda como local.

Os rapaces de Manolo o deron todo e desfrutaron dun gran partido!

Tremendos!

GALA DO DEPORTE SALCEDENSE 2025

Este próximo venres 14 de novembro celebrarase unha nova edición da Gala do Deporte de Salceda, no que o C.B. Caselas está nominado aos seguintes premios:

  • MELLOR EVENTO DEPORTIVO – CAMPUS DE VERÁN C.B. CASELAS
  • PREMIO A UNHA VIDA ADICADA AO DEPORTE – O NOSO ADESTRADOR MANUEL GONZÁLEZ

Isto supón un recoñecemento ao labor do noso clube dende 1990!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!