3ªX.ASCENSO: SEIS DO NADAL 49 CASELAS 52

Presentábase a priori un duelo duro e apaixonante entre os dous primeiros da liga regular (e actualmente tamén nesta fase de ascenso), e o partido non defraudou.

O C.B. Caselas, con gañas de quitarse a espiña cravada da semana pasada, saiu ben dende o inicio, conseguindo imprimir o seu xogo e acadando as primeiras ventaxas. Unha primeira metade con gran defensa colectiva e xogando moi ben en ataque que deu como resultado un 27-34 ao descanso.

(máis…)

Primeiros auxilios

O pasado venres membros da directiva e corpo técnico do noso clube, asistiron o curso de Primeiros Auxilios organizado polo concello no CDL Torrón. Esta semana continuamos esta iniciativa, esta vez enfocada nos nosos pequech@s. Así, o XOVES 28/MARZO en lugar de adestrar os xogador@s recibirán unha charla sobre PRIMEIROS… Ler máis

Segundo asalto

O proximo domingo as 19:00 temos o segundo asalto na nosa loita polo ascenso! Outra vez na nosa casa, visítanos o Choco dende Redondela. Unha victoria impulsaríanos cara o noso obxectivo. Contamos con vos?

Reforestando a Picoña

Mañán colaboraremos nesta estupenda e necesario iniciativa impulsada pola Obra Social Abanca.

Membros da directiva, que non teñan compromisos deportivos, acudirán a colaborar na prantación das árbores autóctonos que axudarán a recuperar parte do perdido nos incendios que asolagaron a Picoña naquel Octubre nefasto.

(máis…)

Comites semper (Sempre compañeiras)

O noso Junior Femenino xogou o pasado sábado 23/febreiro un gran partido contra Salesianos, acadando a segunda victoria consecutiva en liga por 46-37. Pero no C.B.CASELAS o máis importante non son os resultados,senon as boas persoas que pasan polo noso clube, que deixan unha pegada imborrable en companeir@s, adestrador@s e… Ler máis

8 de marzo. Pola igualdade.

Tódolos anos facemos esta publicación, mais témola presente cada día. feminismo. Del fr. féminisme, y este del lat. femĭna ‘mujer’ e -isme ‘-ismo’. 1. m. Principio de igualdad de derechos de la mujer y el hombre. 2. m. Movimiento que lucha por la realización efectiva en todos los órdenes del… Ler máis

Os Premini no Obradoio-Breogan

Tanto o Faro de Vigo, coma La Voz de Galicia fanse eco da nosa visita o Multiusos do Sar para asisitir o partido entre o Obradoiro e o Breogán. Sobre todo pola actuación dos nosos Premni que xogaron un partidiño no descanso do encontro e participaron en distintos xogos durante… Ler máis