Co obxectivo de seguir avanzando e mellorando o noso club, este ano implantamos unha App para Smartphones (Iphone, Ipad e Android) no C.B. Caselas.

blank

 

O principal cometido desta aplicación e mellorar a información que os pais reciben ou solicitan do club, polo que rogamos que de ser posible todo o mundo se anime a instalala e solicitarnos as claves de acceso.

A aplicación ofrece:

– Información completa do calendario de partidos para todas as categorías do club, hora e lugar de saída e lugar de xogo con indicacións gps.
– Novidades, boletíns e eventos organizados polo Club.
– Resultado en vivo dos encontros. Calquera pai ou nai rexistrado na aplicación pode actualizar o resultado mentres segue o partido en vivo.
– Acceso a clasificación en liga das distintas categorías.
– Galería de imaxes. Calquera pai ou nai rexistrado na aplicación pode subir fotografías dos encontros.
– Acceso directo a os nosos patrocinadores, redes sociais e páxina web.
– Chat directo co Club, con outros pais e nais da categoría e adestradores.

Ademáis a aplicación reflexa todo a que nela ocorre nunha páxina web, moi útil para consultar dende o ordenador. Indicamos a continuación a dirección…

https://cbcaselas.teamapp.com

A continuación detallamos as instruccións para obter e rexistrarse na App.

– A aplicación descárgase directamente dende a tenda de aplicacións do voso teléfono. Podemos tamén pulsar nos seguintes enlaces que vos levarán directamente.

Ou escaneando este código QR

blank

– Para rexistrarse simplemente nolo solicitades a través de whatsapp o número 675646761 ou a través do grupo do voso equipo. Teredes que indicarnos unha dirección de email o nos vos devolveremos a vosa contraseña por chat privado. Esta contraseña poderes cambiala despois dende a App ou a Web.

– Un vez teñades a vosa contraseña, solo tendes que abrila aplicación, darlle o botón “Log in” e introducir o voso mail e contraseña. Desde ese momento quedares rexistrados, recibiredes todas as nosas notificacións e poderedes acceder a toda información.

 

Se non sodes Nais, Pais ou Xogadores do C.B. Caselas tamén podedes utilizar a nosa App.

So tedes de descargala, rexistravos, buscar o C.B. Caselas e soliciar conectarvos coma “Seguidores”. Teredes acceso os Calendarios, Resultados e tódalas Publicacións Xenericas que fagamos.

Calquera dúbida sobre a aplicación vola resolveremos encantados.

Esperamos que vos resulte interesante este avance e que nos axudedes a seguir progresando.