O espectáculo de ver un partido de liga ACB entre o noso querido OBRADOIRO e un histórico do baloncesto español e europero como o JOVENTUT de Badalona nun escenario como o Pavillón Fontes do Sar é un recordo que perdura na memoria dos nen@s e d@s non tan nen@s.

Polo que cada ano organizamos unha viaxe para todo aquel que queira acompañar o club a un partido do Obradoiro.

Sábado 14 de marzo as 18:00.

VS

Despois de falar co Obradoiro, contamos cunhas condicións moi ventasoxas que esperamos vos animen a acompañarnos.

As inscricións para a viaxe estarán abertas dende o 17/02 ata o 06/03.

  • A oferta está aberta a Xogadores, socios e familiares directos (pais, irmáns).
  • Saída dende o pavillón de Salceda , pendente de confirmar a hora do partido.
  • Se o número de inscritos é suficiente o club fletará un autobús.
  • Os primeiros 12 xogador@s Premini ou Mini inscrit@s verán o partido dende a pista e xogarán un partido no descanso.
  • Para contar coma xogad@r inscrito terase en conta tanto a inscrición coma o ingreso no banco. Deben estar feitas ámbalas dúas cousas. A estes xogador@s, devolveráselle posteriormente o importe da inscrición xa que irán invitados.
  • Hai 55 prazas dispoñibles.
  • Inscricións a través deste formulario Online.
  • O pago realizarase por transferencia ou ingreso en Abanca.
  • O prezo é de 12€ por persoa.

Para calquera dúbida contactar con nos no 675646761 (Móbil ou Whatsapp). Vos manteremos informados!!