C.B.CASELAS 45 – 60 ELÉCTRICA SESTELO

Parciais: 5 – 14 / 13 – 16 / 10 – 20 / 17 – 10

Anotadores: Xur 8; Pablo 8; Aitor 8; Eloy 7; Alex 6; Fredi 5; Pedro 2; Iván 1; Jose; Rober; Héctor; Jorge.

O C.B.Caselas senior masculino non tivo o seu mellor partido no peche da Copa Premium perante o Eléctrica Sestelo de Ponteareas.

Os de Martín non estiveron acertados en ataque e como xa ocorrera no partido de ida, a diferenza no tiro exterior entre os dous equipos resultou decisiva para decantar o choque a favor dos visitantes.

Os nosos rematan así a competición oficial 2022-23. Quixeramos ter feito un mellor papel nesta copa, mais o obxectivo claro deste ano para o senior tras unha dIfícil tempada anterior era crear un bo grupo humano e voltar a competir para ir construíndo pouco a pouco unha boa base na que os canteiráns do clube poidan reflexarse e seguir xogando cando cheguen a etapa senior. Estamos no bo camiño!

JUNIOR FEMININO

SEIS DO NADAL B 44 – 43 C.B.CASELAS

Primeiro partido de copa para as nosas junior que, como xa ven sendo habitual nesta tempada, resultou ser un choque moi duro e igualado.

O Caselas fixo un gran esforzo colectivo durante os 40 minutos e tivo momentos de gran nivel tanto ofensiva coma defensivamente, dominando en moitos tramos o marcador.

Os equipos chegaron cun resultado moi axustado aos derradeiros segundos e cando parecía que a victoria era nosa, todo o que podía saír mal, saíu peor.

Con empate a 43 puntos no electrónico o Seis do Nadal anotou un tiro libre co tempo finalizado, levándose así o partido.

Foi unha maneira cruel de perder (deportivamente falando) e resultou un gran chasco no momento para as xogadoras de Adrián, pero isto non resta nin un ápice de orgullo polo traballo que fixeron todas, tanto neste partido coma en toda a tempada.

O sábado que vén temos unha nova oportunidade de desfrutar dun gran partido de baloncesto junior feminino: as nosas reciben ao Celta no municipal de Salceda o próximo sábado 22 de abril ás 12:00h no que será o derradeiro partido na casa para este equipo.

Agardámosvos a tod@s para animar!!!

CADETE MASCULINO

C.B.TUI 75 – 43 C.B.CASELAS

Partido no que o noso cadete masculino, que chegaba invicto a esta terceira xornada de copa, viuse superado claramente polo equipo local.

INFANTIL MASCULINO

C.B.CASELAS 55 – 60 SALESIANOS A (IDA 3º e 4º POSTO)

O infantil masculino xogará a volta da eliminatoria polo 3º e 4º posto da liga a próxima fin de semana. Sorte e a desfrutar!

INFANTIL FEMININO

C.B.CASELAS 35 – 59 MARIANO

Rematou a liga para as nosas infantiles, nun partido que competiron ao máximo coma sempre. Estamos tremendamente orgullos@s da evolución deste equipo, que logrou cun mérito tremendo clasificarse para as eliminatorias polo título de liga. Xogar esta fase viranos moi ben de cara ao futuro.

MINI FEMININO

C.B.CASELAS 4 – 55 APÓSTOL BLANCO

As nosas continúan mellorando, aínda que a tiranía dos marcadores en minibasket non o reflexa. A seguir!

PREMINI MASCULINO

C.B.VIGO PUERTA DEL ATLÁNTICO 16 – 48 C.B.CASELAS

O Premini Masculino acadou a única victoria desta fin de semana para o clube. Os de Manolo continúan a mellorar e competir moi ben!

Esta pasada xornada xogamos sete partidos dos que soamente gañamos un. Sempre o comentamos nestas crónicas: haberá xornadas nas que gañemos moitos partidos e outras nas que gañemos poucos ou ningún.

Non podemos valorar a mellora e progresión dos nosos equipos baseándonos unicamente no resultado dun partido. Obviamente gañar ou perder é moitas veces indicativo desta melloría, pero non é o único e por suposto non pode ser o obxectivo final do baloncesto e deporte de formación.

Evidentemente cando xogas unha competición hai que sair a gañar, e así o facemos. Pero sin que o perder supoña un obstáculo para continuar a medrar e aprendendo a asumir tanto a derrota como a victoria.

Estamos tremendamente orgullos@s da evolución deportiva e persoal da nosa canteira e continuamos traballando para mellorar cada día.

Quedan uns meses de moitos partidos e eventos, culminando a tempada co noso II CAMPUS DE VERÁN DO C.B.CASELAS!!!

Permanecede atent@s!!!