SENIOR MASCULINO

SALESIANOS B 56 – 47 C.B.CASELAS

Parciais: 6 – 12 / 16 – 9 / 20 – 14 / 14 – 12

Anotadores: Pedro 9; Xur 7; Maki 6; Alex 5; Fredi 4; Héctor 4; Pablo 4; Iván 2; Jose 2; Eloy 2; Jorge 2.

O senior continúa a competir ben neste torneo final de tempada a pesares da derrota na pista de Salesianos.

Os de Martín fixeron un gran primeiro periodo en defensa, acadando as primeiras vantaxes no marcador pero o equipo local foi superior nos seguintes cuartos e leváronse finalmente o partido.

O vindeiro domingo 21 de maio ás 19:00h os nosos xogarán o derradeiro partido na casa da tempada. Agardámosvos a tod@s para animar ao equipo!

CADETE MASCULINO

C.B.CASELAS 46 – 58 C.B.TUI

Rematou a tempada oficial para o cadete masculino e o fixo cun bo partido dos rapaces dirixidos por Luismi, que melloraron moito o xogo respecto ao partido xogado na pista de Tui fai dúas semanas.

Os nosos o deron todo e competiron moi ben perante un gran equipo. Noraboa a todos polo rendemento mostrado esta tempada!

INFANTIL MASCULINO

SALESIANOS B 2 – 53 C.B.CASELAS

Os nosos infas iniciaron a Copa Premium cunha abultada victoria perante Salesianos B cun bo traballo de todo o equipo.

O domingo 21 de maio ás 17:00h buscarán o pase á gran final de copa contra o Apóstol no municipal de Salceda. A desfrutar!

INFANTIL FEMININO

C.B.CASELAS 38 – PORRIÑO PBB A 29 / / / C.B.CASELAS 33 – MARIANO 42

O infantil feminino do C.B.Caselas rematou a competición oficial cunha dobre xornada de copa na que competirón moi ben contra dous grandes equipos.

As nosas finalizan así unha gran tempada, na que clasificáronse para a fase polo título e sobre todo, continuamos a afianzar unha xeración de xogadoras que de seguro daranos moitas alegrías na etapa cadete que chegará a tempada que ven! Sodes moi grandes!!!

MINI MASCULINO

C.B.CASELAS 18 – 68 SALESIANOS A

Penúltima xornada do GRUPO 1 de mini masculino, na que os rapaces dirixidos por Adrián xogaron o partido máis duro de toda a tempada.

Aínda así os rapaces o deron todo e de seguro que este tipo de partidos axudará na súa mellora mostrada durante todo o curso.

Agora, a polo último partido oficial perante Cía de María!

PREMINI MASCULINO

PORRIÑO PBB MIXTO 21 – 29 C.B.CASELAS

Bo partido o xogado polos rapaces do Premini no pavillón municipal de Porriño.

Os de Manolo xogarán o seu derradeiro partido de liga na casa perante Novobasket!

Parece que foi onte cando comezamos en Setembro…e xa estamos no final de tempada. A desfrutar ao maximo nestas xornadas que quedan!