O noso senior masculino acadou a victoria a domicilio na pista do PBB Porriño nun duro encontro e encadea desta maneira o quinto triunfo consecutivo nunha competición que un ano máis preséntase moi igualada.
SENIOR MASCULINO

PBB C PORRIÑO 46 – 59 C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ
Parciais: 17 – 10 / 18 – 16 / 7 – 22 / 4 – 11
Anotadores: Xur 15; Álex 10; Jorge 8; Manu L. 5; Héctor 4; Pablo S. 4; Jose 3; Iván 2; Rober 2; Manu G. 2; Eloy 2; Girma 2.
O derbi comarcal de 3ª División Autonómica Masculina entre o PBB C e o C.B. Caselas tivo dúas partes moi diferenciadas.
Nos dous primeiros periodos o equipo local impuxo o seu ritmo e os nosos víronse superados no xogo e no marcador. Grazas a unha pequena reacción antes do descanso o resultado era de 35 – 26.

Tras o paso polos vestiarios todo cambiou e os de Martín dominaron o partido poñéndose as pilas en defensa. Aínda así tiveron que suar a gota gorda para levarse o triunfo, o que demostra a igualdade da competición, na que podes gañar ou perder calquera partido.
Noraboa e a continuar!
SENIOR FEMININO

CÍA DE MARÍA 56 – 29 C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE
Parciais: 6 – 3 / 18 – 8 / 10 – 11 / 22 – 7
Anotadoras: Tamara 17; Cris 5; Susi 2; Alba G. 2; Elena V. 2; Joana 1; Ainhoa; Iria Pérez; Ana; Yolanda; Iria Pino; Saray.
Dura derrota a domicilio do noso Senior Feminino na súa visita ao equipo vigués de Compañía de María, no que foi o peor partido a nivel de anotación da tempada.
Agora temos dúas semanas para continuar a traballar e mellorar de cara á seguinte xornada, que será na casa no día da Presentación do C.B. Caselas o DOMINGO 14 DE DECEMBRO!
Ánimo rapazas!
JUNIOR MASCULINO

PBB B PORRIÑO 70 – 68 C.B. CASELAS (PRÓRROGA)
Boa imaxe do Junior Masculino na visita ao PBB B.
Os de Carlos fixeron un gran partido e xogaron unha prórroga o pasado sábado. Gran esforzo de todos os rapaces que non obtiveron o premio da victoria nun encontro que puido gañar calquera.
Noraboa, de seguro que xogando así chegarán as alegrías!
CADETE MASCULINO

PBB A 112 – 18 C.B. CASELAS
INFANTIL MASCULINO

C.B. CASELAS 62 – 12 C.B. REDEIRAS
INFANTIL FEMININO

C.B. CASELAS 30 – 34 NS ESPERANZA
MINI MASCULINO

C.B. CASELAS 8 – 59 MARIANO
PREMINI

C.B. TUI 20 – 57 C.B. CASELAS
Gran partido do Premini na súa visita do pasado sábado a Tui!


CONCERTO DA BANDA DOS INSECTOS NO ENCENDIDO DAS LUCES DE NADAL DE SALCEDA !!!

O PRÓXIMO VENRES 5 DE DECEMBRO TEMOS CONCERTO DE A BANDA DOS INSECTOS NA PRAZA DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS !!!
Será ás 18:00h, xusto antes do ENCENDIDO DAS LUCES DE NADAL !
A BANDA DOS INSECTOS: Rock en Galego para toda a familia, un proxecto educativo-musical creado polo noso coordinador deportivo Adrián Salgado (que ademáis é o batería e cantante do grupo), que busca transmitir valores transversais e deportivos mediante cancións divertidas e bailables para a rapazada!
Animádevos a cantar e bailar o venres cos INSECTOS!

Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments