SENIOR FEMININO

CLUNY SAN JOSÉ 40 – 36 C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE
Parciais: 8 – 9 / 12 – 11 / 8 – 6 / 12 – 10
Anotadoras: Tamara 10; Cris 6; Saray 6; Iria Perez 4; Elena V. 4; Elena T. 2; Susi 2; Laura 2; Alba G.; Ainhoa; Ana; Yoli.
Partido moi competido e igualado do noso senior feminino o pasado domingo na pista do C.B. Cluny, na tónica da ida.
Foi un encontro con pouca anotación, con alternancias constantes no marcador e no que cada canastra de ambos equipos valía moi cara.
As de Julián competiron ben e a victoria puido caer para calquera dos dous conxuntos, pero finalmente o triunfo o levaron as locais. Bo esforzo rapazas !!!
CADETE MASCULINO

C.B. BAIONA 67 – 47 C.B. CASELAS BALIDEA
INFANTIL FEMININO

CLUB DEPORTIVO MIRALBA 29 – 47 C.B. CASELAS EAM
As rapazas do infantil fixeron un gran partido na sempre difícil pista do Colexio Miralba vigués.
As de Luismi lograron a máxima anotación da tempada, mostrando a melloría tanto individual como colectiva do equipo. Grandes !!!
INFANTIL MASCULINO

C.B. CASELAS ELECTRICIDADE CONDADO 49 – 47 COLEXIO MARIANO
Auténtico partidazo dos nosos infas na visita a Salceda do Colexio Mariano.
Os de Eloy non entraron ben ao encontro, encaixando un parcial en contra de 15 – 0 nos primeiros minutos, pero estes rapaces nunca se rinden e deixaron o mellor para o final.
Culminaron a reomntada no derradeiro periodo e nun final apretadísimo lograron unha gran victoria a pesares das moitos baixas e contar con soamente 6 xogadores dispoñibles. Enormes !!!
MINI FEMININO

C.B. CASELAS A XANELA 26 – 48 C.B. BAIONA
MINI MASCULINO

COLEXIO MARIANO 81 – 35 C.B. CASELAS NOREXCA
PREMINI

C.B. CASELAS ALVANOR 45 – 57 NOVOBASKET
CONCENTRACIÓN BABY

O C.B. Caselas organizamos a segunda concentración baby en Salceda da tempada onde @s máis pequen@s do noso clube e doutros 8 equipos da contorna desfrutan e divírtense xogando ao basket !!!

Esta vez tivemos uns invitad@s moi especiais: @s nos@s amig@s do B.C. Valença deron o toque internacional ao evento, participando por primeira vez nas nosas concentracións desta categoría !!!

Moitas grazas as familias e aos nosos baby que o deron todo e o pasaron xenial; grazas tamén aos equipos visitantes polo comportamento dos rapaz@s e tamén nas gradas; grazas as junior por botar unha gran man nas arbitraxes; e por último grazas ao Concello de Salceda pola súa colaboración!
GAÑADOR@S SORTEO

Produtos cortesía dos nosos patrocinadores e colaboradores MOTHERSON e TABERTENDA

TORNEO INTERNACIONAL EUROCIDADE VALENÇA 2026

Os próximos 28 e 29 de marzo os equipos de premini, mini feminino e mini masculino participaremos como xa é tradición no XVI TORNEO INTERNACIONAL EUROCIDADE VALENÇA DO MINHO, PORTUGAL
Serán dous días (e unha noite) cargados de partidos, actividades e moita convivencia na que os nos@s xogador@s compartirán experiencias con rapaces e rapazas do norte de Portugal e toda Galicia.
A desfrutar !!!
VIAXE A SANTIAGO

O DOMINGO 5 DE ABRIL o C.B. Caselas viviremos o partido de LEB ORO do OBRADOIRO perante o PALENCIA, recuperando así a visita a Santiago que non fixemos a tempada pasada.
RESERVA A TÚA ENTRADA E PRAZA NO BUS NESTE ENLACE:
https://forms.gle/832ixrTYRhkPJuVj8
IMPORTANTE !!!
OS 8 PRIMEIR@S XOGADOR@S DE CATEGORÍAS DE CANASTRA GRANDE (INFANTIL, CADETE E JUNIOR) QUE SE APUNTEN, VERÁN O PARTIDO A PÉ DE PISTA, XOGARÁN UN PARTIDILLO NO DESCANSO E PARTICIPARÁN NOS SORTEOS DO PARTIDO !!!
V CAMPUS DE VERÁN C.B. CASELAS

Xa temos case todo preparado para o noso CAMPUS DE VERÁN DE 2026 !!!
Esta V edición (cómo pasa o tempo) será sen lugar a dúbidas a máis especial ata o momento e temos preparadas moitas novidades e sorpresas para tod@s vós !!!
ESTADE ATENT@S AO WHATSAPP E ÁS NOSAS REDES SOCIAIS:
ESTE VENRES 26 DE MARZO ABRIREMOS O PRAZO DE PREINSCRICIÓN !!! PRAZAS LIMITADAS !!!




Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments