Partidazo de ambos senior, cunha gran victoria do feminino e derrota na prórroga do masculino.

SENIOR FEMININO

A.B. XINZO 57 – 90 C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE

Parciais: 16 – 25 / 15 – 19 / 14 – 23 / 12 – 23

Anotadoras: Alejandra 33; Tamara 22; Cris 17; Elena V. 11; Elena T. 5; Alba G. 2; Joana.

As rapazas do noso senior firmaron un partidazo na derradeira xornada de liga 2024-25.

As de Joseba mostráronse moi superiores dende o primeiro periodo e acadaron a máxima anotación da tempada, con 90 puntazos na súa visita a Xinzo.

Todas as xogadoras aportaron o seu gran de area para levarse esta merecida victoria, que certifica un meritorio sexto posto na clasificación, nun curso moi complicado por mor das lesións.

Agora toca xogar unha eliminatoria a ida e volta perante o sexto clasificado do Grupo Norte, o Terra Chá de Vilalba, repetíndose deste xeito o emparellamento final da tempada pasada.

A desfrutalo, e logo a pola copa !

SENIOR MASCULINO

C.B. NIGRÁN 71 – 68 C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ (PRÓRROGA)

Parciais: 16 – 18 / 19 – 14 / 12 – 17 / 13 – 11 / 11 – 8

Anotadores: Xur 15; Álex 14; Girma 13; Manu L. 10; Fredi 4; Iván 4; Manu G. 4; Héctor 4; Rober; Jose.

Gran partido do Senior Masculino no seu debut en copa na complicada pista do C.B. Nigrán.

Os de Martín competiron a un alto nivel perante un rival durísimo chegando aos derradeiros minutos do último periodo con vantaxe de 5 puntos no marcador, mais un tiro libre anotado polos locais levou o encontro á prórroga.

No tempo extra o partido continuou a estar moi igualado, pero unha tripla final decantou a victoria do lado de Nigrán.

Gran esforzo equipo, a polo seguinte !

CONCENTRACIÓN BABY

Os Baby participaron nunha nova concentración desta categoría, nesta ocasión organizada polos amig@s do C.B. Redondela no IES Mendiño !

Todos os equipos desfrutamos dunha gran xornada de baloncesto e diversión !

Noraboa ao CBR pola gran organización!

MINIBASKET

MINI FEMININO: C.B. CASELAS JGC VENDING 50 – 7 C.B. CLUNY VIGO

MINI MASCULINO: C.B. CASELAS ALVANOR 44 – 40 SALESIANOS VIGO

O Mini Feminino e o Mini Masculino xogaron dous partidazos simultáneos no Municipal de Salceda o pasado domingo, nos que ambos os dous equipos mostraron un gran xogo.

Grandes!

PREMINI MIXTO: MARIANO 35 – 27 C.B. CASELAS

JUNIOR MASCULINO

NOVOBASKET 61 – 60 C.B. CASELAS ELECTRICIDADE CONDADO

Gran esforzo do Junior Masculino na derradeira xornada de liga perante o Novobasket vigués, nun encontro que decidíuse por un só punto nos derradeiros instantes de xogo.

A continuar así!

CADETE MASCULINO

NOVOBASKET 71 – 63 C.B. CASELAS CONSTRUCCIONES MACEIRAS

PBB A 92 – 70 C.B. CASELAS BALIDEA

Bos partidos dos nosos equipos cadetes masculinos:

O Construcciones Maceiras continúa a competir ben nesta segunda fase, mentres o o Balidea plantoulle cara ao PBB A na súa visita a Porriño, mostrando un gran nivel.

CADETE FEMININO

SEIS DO NADAL 55 – 41 C.B. CASELAS NOREXCA

O Cadete Feminino disputou un duro partido na pista do Seis do Nadal na ida da final do seu grupo.

As de Adrián non estiveron finas na primeira metade, o que supuxo ir a remolque no marcador na segunda, pero as nosas o deron todo coma sempre chegando a poñerse a seis puntos no derradeiro periodo grazas ao esforzo de todas.

A fin de semana do 10 e 11 de maio xogaremos a volta da eliminatoria na casa.

A continuar traballando!

INFANTIL MASCULINO

C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 38 – 56 CÍA DE MARÍA

C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE 12 – 62 NS ESPERANZA

Bo esforzo de ambos os dous equipos de categoría infantil masculino!

INFANTIL FEMININO

C.B. CASELAS EAM 35 – 40 C.B. CONDADO

As rapazas do infantil fixeron un bo partido perante @s nos@s veciñ@s do C.B. Condado, loitando pola victoria ata o final do encontro. A próxima fin de semana xogamos a volta en Ponteareas.

A desfrutar do derradeiro partido de liga!

IMPORTANTE !!!

Os próximos XOVES 1 e VENRES 2 de MAIO FAREMOS PONTE!

NON HABERÁ ADESTRAMENTOS!

A fin de semana do 3 e 4 de MAIO xogarán partidos as seguintes categorías:

INFANTIL FEMININO:

C.B. CONDADO – C.B. CASELAS EAM SÁBADO 3/MAIO 16:00h Pavillón Álvaro Pino, Ponteareas

INFANTIL MASCULINO NATURAL GRANITE:

C.B. NIGRÁN – C.B. CASELAS SÁBADO 3/MAIO 18:00h Pavillón Municipal, Panxón

SENIOR FEMININO:

TERRA CHÁ – C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE DÍA/HORA POR CONFIRMAR

As demáis categorías DESCANSAN !!!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Club Baloncesto Caselas
Ola 👋
En que podemos axudarche?