SENIOR MASCULINO

C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 79 – 54 SEIS DO NADAL COIA
Parciais: 25 – 15 / 16 – 13 / 19 – 16 / 19 – 10
Anotadores: Jano 15; Pablo S. 13; Xur 12; Manu L. 11; Girma 10; Álex 7; Pablo C. 4; Rober 3; Héctor 2; Eloy 2; Jose; Manu G.
O Senior Masculino do C.B. Caselas continúa a súa racha de triunfos en liga (xa van catro consecutivos) e mostraron un gran nivel colectivo na visita do equipo vigués do Seis do Nadal o pasado domingo.

Salvo no segundo periodo no que cometimos diversos erros de concentración, os de Martín fixeron un partido moi completo e demostraron o bo momento dun grupo no que todos aportan.
Noraboa e a continuar traballando!
SENIOR FEMININO

C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE 44 – 48 COB OURENSE
Parciais: 13 – 8 / 10 – 17 / 13 – 10 / 8 – 13
Anotadoras: Tamara 25; Cris 6; Elena V. 6; Saray 4; Joana 2; Susi 1; Alba G.; Iria Pérez; Iria Pino; Ana; Yoli; Elena T.
Encontro duro e intenso o que desputou o noso Senior Feminino na visita histórica do COB Ourense Baloncesto a Salceda (é a primeira tempada que o clube da cidade das Burgas saca equipo nesta categoría).
As de Julián déronno todo ante un rival que chegaba invicto a esta xornada e a victoria puido caer para calquera dos dous equipos.
O encontro tivo de todo e vivíuse unha situación inédita no noso pavillón: a falta de 4 minutos para o remate e cun marcador igualadísimo (39 – 41) unha xogadora do COB levou un golpe fortuíto na cabeza, tendo que pararse o partido durante 47 minutos ata a chegada da ambulancia. O percance quedou nun susto e a xogadora ourensá xa está na casa.
A espera foi tensa e cun tremendo frío, polo que ás xogadoras dos dous equipos custoulles retomar o xogo. O partido reanudouse cun tiro libre de Cris que apretaba o electrónico ata o 40 – 41 e o numeroso público presente vibrou nun final trepidante no que os pequenos detalles decidiron a favor das visitantes.
Estamos moi orgullos@s deste equipo e de seguro que nos darán moitas alegrías esta tempada!
JUNIOR FEMININO

C.B. CASELAS MOTHERSON 44 – 45 CELTA BALONCESTO
Novo partidazo das rapazas do Junior, que competiron ata o derradeiro segundo pola victoria perante a un rival potentísimo como sempre é o Celta Baloncesto.
Se a fin de semana pasada o Junior acadou un triunfo por un punto no último segundo, esta xornada tocou asumir a outra cara da moeda.
As de Adrián fixeron un gran partido e demostraron que compiten sempre contra calquera equipo ata o final. Grandes rapazas!
JUNIOR MASCULINO
C.B. CASELAS 24 – 100 SALESIANOS A
Derrota dura do Junior Masculino. Ánimo e a pola seguinte xornada na que visitaremos ao PBB B!
CADETE MASCULINO

C.B. CASELAS BALIDEA 53 – 48 SAN JOSÉ CLUNY
Partido emocionantísimo e moi igualado o que xogaron os cadetes en casa perante Cluny.
Os nosos leváronse unha merecida victoria ante un bo equipo grazas ao esforzo e aportación de todos os xogadores. Noraboa!
INFANTIL FEMININO

C.B. CASELAS EAM 36 – 8 AMOR DE DIOS CLUNY
Qué alegría para as nosas Infas!
Despois de competir a bo nivel nas primeiras cinco xornadas sen o premio do triunfo, as de Luismi acadaron unha merecida victoria perante o Amor de Dios Cluny. Grandes rapazas!!!
MINIBASKET
MINI FEMININO

APÓSTOL 32 – 47 C.B. CASELAS
MINI MASCULINO

APÓSTOL 52 – 25 C.B. CASELAS
PREMINI

C.B. CASELAS 32 – 47 C.B. REDONDELA

Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments