O C.B. Caselas en colaboración co Concello de Salceda, a FEGABA, o noso patrocinador Motherson e a Deputación de Pontevedra organiza a I XORNADA DE INTEGRACIÓN E SAÚDE NO DEPORTE, un ciclo de charlas de contido transversal dirixida a xogador@s, adestrador@s e familias do clube, pero tamén abertas ao público xeral.

SÁBADO 20/DECEMBRO/2025

A ACTIVIDADE É GRATUÍTA

Abrirá a xornada no espazo do ximnasio do CEIP Altamira Rubén Domínguez, adestrador de baloncesto e psicólogo do R.C. Celta de Vigo, que tratará a xestión emocional no deporte nunha charla que será EXCLUSIVA PARA XOGADOR@S DO C.B. CASELAS.

A continuación trasladarémonos ao Centro Social da Devesa, onde terán lugar 3 conferencias máis e unha mesa redonda participativa.

Laura Coto, dietista, nutricionista e doutora en ciencia dos alimentos, especializada en nutrición pediátrica e clínica, falaranos da alimentación para xóvenes que practican deporte.

Miriam Vera, copiloto de rallies de Salceda e campioa absoluta de España en 2022 (entre outras moitos logros) contará a súa experiencia como deportista no mundo do motor.

Por último, unha histórica do baloncesto feminino español como é Susana García (ex xogadora do Celta e da Selección Española, adestradora da selección U20 campioa de Europa, axudante da Selección absoluta, prata Mundial e diploma Olímpico en Pekin e na actualidade vicepresidenta 3a da FEGABA e Secretaria da Federación Galega de Deporte Adaptado) contaranos a historia dunha vida adicada ao basket!

A xornada rematará cunha mesa redonda aberta a preguntas do público.

FORMULARIO PARA XOGADOR@S DO C.B. CASELAS:

https://forms.gle/ikirSc9Wm5PQyBjF6

FORMULARIO PARA PÚBLICO XERAL:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdlBxGZjrhyvS7helesX1EKTCiWmdg05XTFwMTh9vpINvWOhw/viewform?usp=sharing&ouid=117129175281004471248

PRAZAS LIMITADAS !!!

Esta actividade está incluída na axenda das diversas actividades que organizaremos dende o C.B. Caselas este curso 25-26 e que anunciaremos na festa PRESENTACIÓN DO CLUBE o vindeiro DOMINGO 14/DECEMBRO ás 16:00h no Pavillón Municipal!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!