Faise rarísimo estar nesas datas, chegando xa a mediados de Novembro, e non vernos inmersos na hermosa loucura de tódolos anos. É moi extrano non estar programando o horario de cada pequena cousa, rematando o video que estreamos este ano, agardando que as novas equipaxes cheguen tempo para a presentación deste ano…

É sempre un dos momentos clave da tempada. É sempre un momento inesquecible para os nen@s. Que Martín presente a categoría, que os chame polo seu nome… ese momento se sair correndo para chocarlle a man os senior mentres o público, con mamá, papá e os abós incluidos, rompa en aplausos. Os xogos, as fotos de equipo, a foto de familia. Sempre é emocionante, cada ano igual e sempre diferente.

Pero este ano non teremos presentación nen liga. Os nos@s nen@s son incribles e ainda así desfrutran de cada adestramento coma se non pasara nada, coma se todo fose normal. Este ano non teremos esa emoción doutra presentación rematada con éxito, pero aínda así sempre hai ilusión, unha nai que che escrite dicindo que a súa filla está moi contenta, que a seu fillo o adestramente faiselle curto, pasar polo pavillón e ver @s nen@s sorindo e o sonido dos balóns rebotando contra o chan.

Este ano faltan algúnhas cousas, pero todavía temos moitísimas que nos lembran porque estamos aquí e porque facemos o que facemos. Que nos lembran que o Club cumpre 30 anos e que nos queda aínda moito que facer coa vosa axuda.

Gracias por acompañarnos!