As nosas campionas tamén arrincan a tempada xogando un amistoso contra os nosos curmáns do C.B. Nigrán. O próximo domingo as 12:00 no CEIO de Panxón. Tendes toda a info coma sempre na nosa APP que xa está operativa.
Novas
Tras un mes de adestramentos, os nosos senior comezarán a liga regular o vindeiro dia 6 de Outubro, mais para ir quentando motores este próximo sábado xogarán un partido amisto contra o C.B. Redondela.
Un éxito o de onte na praza. Unha tarde espléndida de amizade e baloncesto no corazón da no vila.
Arrincamos a tempada 18/19 de Tiros Libres cun debuxo da nosa xogadora premini Ainoa. Inspirado na nosa cancha e na Liga dos Insectos. Moitas gracias Ainoa.
Facemos eco desta estupenda iniciativa, a creación dun equipo de Baloncesto en Cadeira de Rodas na veciña Vila do Porriño. Moito ánimo e moita sorte @bacaropo club baloncesto.
Como cada ano, estas primeiras semanas estamos traballando a reo na promoción do baloncesto entre os nen@s nos distintos colexios da zona. E como cada ano remataremos a promoción cun día de baloncesto na praza do concello.
Esta nova tempada trae cambios no noso equipo senior. Baixas, altas e novas ilusións polas que pelexar este ano.
VS Coa mente xa posta na tempada presente, acabamos de cerrar co Obradoiro CAB a nosa visita anual o Multiusos do Sar para asistir a un dos seus partidos. Nesta tempada dase a grandiosa oportunidade asistir a un derbi ACB galego, todo un luxo para a vista e os corazóns. Non podíamos perdela oportunidade…
Xa están actualizados os horarios dos adestramentos na web do club. Podedes acceder directamente dende a páxina principal. Axenda e Calendario Recordámosvos que aquí tamén poderedes consultar día e horas dos partidos unha vez comece a liga.