Hai encontros que engrandecen este deporte, que fan que os xogadores desfruten e o público repita; e este foi un deses. Caselas e Seis do Nadal Coia -segundo contra primeiro- e que chegaban igualados á derradeira xornada desta Liga Regular, precisaron dunha prórroga para dilucir o partido e o campión desta primeira fase de competición.
Novas
Este próximo sábado 23, as 20:00, xogarémonos o primeiro posto no úlitmo partido da liga regular. Xa estamos clasificados para o playoff de ascenso, pero non cabe dúbida que obter o primeiro posto na liga sería estupendo. O sábado enfrontámonos o 6 do Nadal, co que estamos empatados en puntos na tabla clasificatoria, o vencedor…
Encontro sen historia cun equipo portugués de Gaia moi descoñecido con respecto ao da primeira volta da liga, onde nos dera moitísimos problemas. Pero coa lección ben aprendida, esta vez os de Adrián Salgado saíron moi concentrados e deixaron os deberes feitos nos primeiros minutos cun elocuente 0-16 (aclarar que aínda que o partido xogouse…
Hoxe é San Valentín e para celebralo temos adestramentos, partido dos Premini A e moitos sorrisos que repartir. A pesar de ser comercial segue sendo un día bonito para compartir. Desfrutade da vida e do basket. Desfrutade dos vosos. Just play. Have fun. Enjoy the game. Só xogar. Divírtete. Disfruta do xogo. Michael Jordan
Se hai unha semana lograbamos en Ponteareas a máxima anotación da temporada nun partido -86 puntos-, o pasado sábado faciamos o contrario, alcanzando os 44 puntos no partido co Choco de Redondela.
O derbi comarcal non defraudou aos numerosos afeccionados que se achegaron ao pavillón de Ponteareas, con recital ofensivo de dous equipos lanzados ao ataque.
Xa temos aquí a segunda Concentración Baby da tempada, e esta vez toca na nosa casa . #cbcaselas #PresumedeClub #Abandadosinsectos O próximo domingo 27 as 12:00, despois do partido do Premini A, celebraremos este encontro con preto de 100 pequen@s xogador@s. Sempre é un epsectáculo ver a estes pequechos enchendo a noso pavillón. Esperámosvos a…
Esperabamos un partido duro e difícil e non estabamos equivocados. O veterano e histórico equipo do Rodaballo mostrou a súa mellor versión e plantexou unha rochosa defensa en zona os 40 minutos. Isto dificultou moito o ataque do noso senior.
A nosa web, renovada en febreiro do 2018 estanos dando moitas alegrías. É a nosa ferramenta para comunicarnos con tod@s vos e contar as nosas aventuras. Fainos chegar o interés da xente polo noso proxecto. A piques de cumplir un ano acadou máis de 35.000 visitas de 5.630 usuarios. Gracias a tod@s.
O próximo mes de Setembro publicarase o audiolibro “A Banda dos Insectos. Pasando a bola.” no que Adrián Salgado porá a música, coa colaboración do Club Baloncesto Caselas.