Como a cabeza non para xa andamos dándolle voltas a próxima tempada. A nosa previsión e seguir crecendo polo que necesitaremos novos compañeiros de viaxe. Por esta razón buscamos Adestrador ou Adestradora, TITULAD@ (1er NIVEL ou INICIACIÓN) para a tempada 2018-2019. Ofrecemos a posibilidade de levar categorías BABY, PREMINI ou INFANTIL. Interesad@s enviar mail a…
Novas

As despedidas nunca gustan, pero hoxe nos toca adicarlle unhas palabras de agradecemento á nosa querida PAULA ACOSTA do Mini Femenino, que por motivos familiares (a súa familia deixa Galicia) o ano que ven non xogará no noso clube.

Onte remataron os entrenos, e con eles a tempada 17/18. Dende o club queremos darvos as gracias por todo o apoio e as boas palabras que nos ofrecestes durante estes meses. Creemos que esta foi unha gran tempada, chea de grandes momentos que atesourar: Liga dos insectos, viaxes a Obradoiro e Ourense, torneo de Valença…

Gracias, gracias e gracias. Gracias a tódolos nen@s pola súa implicación, bo comportamento e esforzo superlativo. Gracias as Junior e Senior pola súa labor de Adestradores. Gracias as nais e pais, pola súa asistencia diaria os partidos. Sempre apoiando e animando. Gracias a directiva, porque foi un gran ano, unha mágnifica tempada chea de éxitos…

Trala votación realizada o último día dos insectos por todos os nenos, escolleuse este como debuxo gañador entre todos os presentados.

Parte do noso traballo é facer equipo, que os nenos fagan piña e se apoien en todo momento. Este é o debuxo de Aicha, xogadora Premini, no que debuxo a todos os seus compañeiros. Xuntos cando se gaña e cando se perde.

Esta tarde celebrarase a 5ª xornada de liga dos insectos, na que quedará resolta a fase clasificatoria, e o máis importante os membros dos equipos xa son unha piña. Babys, Preminis, Minis, Juniors e Seniors todos mezclados disfrutando do baloncesto.