Mentras o Senior Masculino agarda a reanudación da competición oficial, os nosos equipos da base atópanse inmersos nun momento importante da tempada, respondendo moi ben en todas as categorías.

O JUNIOR FEMININO do C.B.CASELAS comezou a segunda volta da liga visitando 3 das canchas máis complicadas da competición, mostrando un gran rendemento.

As nosas continúan a competir ao máximo nesta igualada e apaixoante liga Junior Feminina, na que os partidos son cada vez máis duros e na que o Caselas estase a mostrar como un rival moi incómodo para todos equipos.

As adestradas por Adrián mostraron un gran nivel defensivo nestes tres partidos e momentos brillantes en ataque, respondendo ás diferentes tipos de defensas plantexadas polos equipos locais, tanto individual, coma en zona, así como presión a toda pista.

Pero sobre todo, queremos destacar a actitude, sacrificio e sentido de equipo das nosas junior. É un orgullo poder ter no noso clube un grupo tan comprometido e centrado en mellorar día a día, que sirve de exemplo para tod@s @s rapaz@s da nosa canteira.

So así, xunto á moral de ferro que están a acadar, explícase o gran rendemento mostrado durante esta tempada e en particular nesta xira de tres partidos como visitantes.

SEIS DO NADAL B 33 – 39 C.B.CASELAS

Contra o Seis de Nadal, nunha noite de domingo totalmente xeada, despois de dominar o marcador durante todo o partido sufrimos un parcial en contra que provocou o empate das locais a falta de 2 minutos e medio. Lonxe de virse abaixo, o Caselas respondeu cun 8 – 2 a favor para levarse a victoria.

CELTA ZORKA RECALVI 34 – 46 C.B.CASELAS (Prórroga)

O partido perante o Celta Zorka Recalvi, estaba marcado´en maiúsculas no calendario polas nosas xogadoras. Despois de perder por un punto a tempada pasada (50 – 51) e por dous na primeira volta da liga (40 – 42), o Caselas chegou a Navia disposto a dalo todo.

As nosas sairon á pista mostrando un gran xogo ofensivo dende os primeiros instantes do choque e unha defensa moi intensa, pero este rendemento non se víu plasmado no marcador, ao non estar acertadas de cara ao aro. O Celta colleu as primeiras vantaxes, estando sempre por diante no electrónico. Tocaba sufrir e remar!

Agarrándose con uñas e dentes ao partido o Caselas non deixou de loitar, e despois dunha gran remontada, unha canastra tras roubo de Alejandra a falta de 8 segundos empataba o partido forzando desta maneira o tempo extra.

As nosas gardaron o mellor para o final: a defensa zonal plantexada polas viguesas non puido co gran xogo despregado polas visitantes, que apoiadas nunha gran enerxía defensiva endosaron un parcial de 14 – 2 para levarse o partido co resultado final de 34 – 46 a favor. Victoria moi merecida!

COLEXIO MARIANO 47 – 39 C.B.CASELAS

O derradeiro partido antes do entroido, nos levaba á visitar ao sempre complicado Colexio Mariano. Non saíron ben ao partido as de Salceda, encaixando un paricial en contra de 17 – 7, o que, nunha liga con resultados cortos, condicionounos durante todo o choque.

Aínda así, coa aportación de todas as xogadoras, o Caselas aferrouse ao partido, remontando de novo e colocándose a un punto (38 – 37) a falta de 4 minutos para o final, apretando o partido ao máximo. Neste momento, tivemos tres ataques moi ben xogados pola nosa parte que non conseguimos anotar, e as locais leváronse a victoria finalmente. Noraboa ao Mariano.

Queremos felicitar ao noso junior feminino por estes tres partidazos. Evidentemente gustarianos ter acadada a victoria neste último, pero as veces se gaña e as veces pérdese. O importante é ver cómo compiten contra todos os equipos nesta liga tan igualada, que serve como antesala da etapa senior que esperamos albergar no Caselas na seguinte tempada 2023-24. Sodes grandes, seguide así!!!

Os demáis EQUIPOS DA BASE, excepto o Mini Masculino e o Baby que descansaron, xogaron esa fin de semana, cos seguintes reultados:

CADETE MASCULINO

C.B.CASELAS 61 – 42 NOVOBASKET B

INFANTIL MASCULINO

NOVOBASKET B 6 – 56 C.B.CASELAS

INFANTIL FEMININO

COLEXIO MARIANO 42 – 25 C.B.CASELAS

MINI FEMININO

APÓSTOL 61 – 10 C.B.CASELAS

PREMINI MASCULINO

C.B.CASELAS 16 – 46 REDONDELA NARANJA

Noraboa a tod@s @s rapaz@s polo seu esforzo, comportamento e rendemento!!!

Lembramos que esta fin de semana non haberá competición oficial, agás para o Infantil Masculino, que xogará un partido adiantado en Salesianos Vigo o domingo 19 de febreiro ás 12.00h.

O sábado 18, un Bus con 55 persoas do clube entre xogador@s, corpo técnico, directiva, familiares e soci@s asistiremos ao derbi da Liga LEB OURO entre o COB OURENSE e o BASKET CORUÑA, na xa tradicional visita do Caselas á cidade das Burgas. Non esquezades levar posta a roupa do Caselas!

Graciñas a tod@s por apoiarnos nestas iniciativas. A desfrutar!