Cando tes a sorte de traballar coa rapazada, formar parte do seu proceso formativo e, dalgunha maneira, da súa vida, o máis bonito é coñecer as persoas que están detrás dos xogador@s.

Mateo é un deses rapaces que sempre queres ter no teu equipo.

Entusiasta do baloncesto, con ganas de adestrar e de mellorar cada día, gran compañeiro, e un tío ao que lle da tempo de compatibilizar a actividade deportiva co instituto e os seus estudos musicais no conservatorio.

Unha persoa e un xogador de baloncesto estupendo.

Este curso marcha a vivir a Cedeira e por tanto deixará o C.B.Caselas. Os teus compañeir@s e adestrador@s desexámoste o mellor e agardamos que che vaia xenial en todo!

Botaremos de menos tamén á súa familia. O seu irmán e tamén xogador de baloncesto Antón, a súa nai Estefanía e o seu pai Edorta. Grazas

Sempre dispost@s a colaborar en todo, respetuos@s co noso traballo e mostrando sempre gran comportamento nas gradas.

O Club Baloncesto Caselas sempre será a vosa casa.

Foi un verdadeiro pracer adestrarte e agardamos que estes anos aquí os lembres con cariño e coa sensación de ter aprendido, mellorado e disfrutado.

Se quedas coa metade das cousas que nos aportaches tí, xa quedamos contentos!

Botarémoste de menos Mateo!

P.D.Estamos seguros de que voltaremos a encontrarnos nas pistas, non te librarás de nós tan facilmente ! 🙂