Fin de semana cargadiña de partidos para os nosos equipos. Destacar a primeira concentración Baby da tempada, organizada polo C.B.Caselas na que participaron sete clubes da Delegación Viguesa de Baloncesto.

SENIOR MASCULINO

SAUCES SAN JOSÉ 52 – 42 C.B.CASELAS

Parciais: 15 – 7 / 11 – 11 / 15 – 9 / 11 – 15

Anotadores: Pedro 11; Maki 9; Pablo 7; Eloy 5; Xur 4; Rober 4; Iván 2; Jose; Héctor; Jorge.

Mal partido do noso Senior Masculino en Vigo o pasado sábado 28 de xaneiro contra o Sauces San José.

A pesares de que a derrota non foi abultada, o Caselas non tivo a dinámica axeitada practicamente en ningún momento do choque.

Xa dende os primeiros compases, cun 7 – 0 no electrónico para os locais, presaxiábase unha dura tarde noite para os de Martín. E así aconteceu: o ataque non foi fluído ao non atopar os espacios axeitados e sen aproveitar as situacións de fondo e de banda, mentras que as seis triplas anotadas polos Sauces contrastaron cos numerosos erros dende a liña de tiros libres dos nosos.

O Caselas fixo a goma durante todo o encontro, con diferenzas no marcador de 6 e 7 puntos, pero sen lograr ameazar realmente a victoria do equipo vigués.

O vindeiro sábado 4 de febreiro ás 18:00h remataremos a primeira fase da competición senior masculina recibindo na casa a visita do PBB C porriñés, o que promete ser un derbi comarcal moi interesante.

CONCENTRACIÓN BABY

Este pasado sábado 28 de xaneiro celebramos a primeira concentración baby da tempada, na que participaron o C.B.Caselas como organizador, e os clubes visitantes do C.B.Tui, C.B.Condado, Celta Baloncesto, Colexio Acacias, C.B. Nigrán e NS Esperanza.

Foi unha xornada xenial, na que a ilusión d@s máis pequech@s por xogar os seus primeiros partidos iluminou un pavillón municipal de Salceda coas gradas repletas das familias que desfrutaron enormemente vendo xogar e divertirse aos oito equipos participantes.

Desexamos xa que chegue a seguinte concentración!!!

RESULTADOS CATEGORÍAS BASE

JUNIOR FEMININO

SEIS DO NADAL B 33 – 39 C.B.CASELAS

INFANTIL FEMININO

C.B.CASELAS 33 – 35 PBB A (Prórroga)

CADETE MASCULINO

C.B.CASELAS 22 – 67 APÓSTOL

INFANTIL MASCULINO

SALESIANOS B 11 – 62 C.B.CASELAS

MINI MASCULINO

C.B.CASELAS 41 – NS ESPERANZA 28

PREMINI MASCULINO

MIRALBA NARANJA 35 – 45 C.B.CASELAS

Todos os equipos da base competiron a tope nos seus partidos. Estamos moi orgullosos do traballo realizado pol@s rapaz@s!

Lembrade que está aberta a inscrición para asistir ao derbi de Liga LEB OURO entre o COB Ourense e o Basket Coruña o vindeiro 18 de febreiro. Animádevos!