Como directivo, dende a súa fundación, non podo silenciar tras o emotivo homenaxe dispensado o sempre recordado Manolo Sanfer, pola laboura desenrolada como secretario e dar a coñecer as fatigas e problemas que padecía o clube, en economía, instalacións, axudas, masa social, etc.

Corría o ano 1990, os invernos eran moi duros e a climatoloxía facía suspender os partidos que se disputaban o aire libre nas pésimas pistas que había o lado do Matadorio, polo que a federación tomou cartas no asunto non deixándonos participar na competición se non liquidábamos por adiantado os gastos de inscrición, fichas, arbitraxes, etc.

Naquela época o baloncesto era un deporte case descoñecido a nivel local, e tamén educativo sendo elevada a cantidade esixida polo que deu paso a un ¿que facemos?

Manolo Sanfer, o que escribe xunto co ex-presidente Manuel, conseguimos a cantidade necesaria gracias a colaboración dunha empresa de construción, sendo o xerme de ir forxando e estruturando ata o día de hoxe o C.B. Caselas.

Todo o anterior deu pe a unha boa amizade con Manolo Sanfer, no persoal e no deportivo, tanto que éramos o dúo dinámico para actual directiva.

Orgulloso de compartir contigo esas vivencias.

Luís González, Tesourerio do C.B. Caselas.