A derradeira fin de semana de competición do ano 2025 deixou varios eventos importantes para o noso clube e auténticos partidazos no pavillón de Salceda. Continúa a ler para saber cómo foi a xornada !!!
SENIOR MASCULINO

C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 61 – 62 ILLAS CÍES
Parciais: 12 – 8 / 15 – 19 / 13 – 21 / 21 – 14
Anotadores: Álex 16; Jano 13; Manu L. 9; Xur 5; Héctor 4; Iván 4; Jose 4; Jorge 3; Pablo C. 3; Rober; Eloy; Girma.
O noso senior masculino xogou un auténtico partidazo na visita do Illas Cíes vigués a Salceda.
O encontro prometía, con dous dos equipos máis fortes da competición sobre a cancha do municipal e as expectativas cumplíronse con creces: ambos os dous conxuntos déronno todo e loitaron polo triunfo nun partido de alto voltaxe.
Os de Martín fixeron unha moi boa primeira parte, mais no terceiro periodo o equipo visitante impuxo o seu estilo de xogo, acadando un + 8 no marcador.

O Caselas remontou e a falta de 19 segundos para rematar o electrónico reflexaba un 61 – 60 a favor.
Pero xa sabemos cómo é o basket e cunha canastra no derradeiro segundo a victoria marchou para Vigo.
Noraboa ao equipo por esta primeira parte da tempada. Ten pinta que o Senior Masculino faranos desfrutar moito no 2026 !!!
SENIOR FEMININO

CAB PONTEVEDRA 63 – 59 C.B. CASELAS LR NARTURAL GRANITE
Parciais: 9 – 16 / 19 – 17 / 15 – 18 / 20 – 8
Anotadoras: Tamara 28; Saray 10; Joana 9; Iria Pérez 4; Susi 3; Elena V.3; Elena T. 2; Iria Pino, Ana; Alba; Ainhoa; Laura.
O senior feminino disputou un encontro moi intenso na súa visita ao CAB Pontevedra o pasado sábado.
As de Julián fixeron un bo traballo sobre todo durante os tres primeiros periodos, pero no derradeiro cuarto o equipo local dominou o xogo e a victoria quedou en Pontevedra nun partido igualadísimo.
Bo esforzo das nosas, que rematan 2025 competindo ben na dura liga senior feminina. A seguir !
A mellor noticia da xornada foi a volta ás pistas da nosa xogadora Laura Rodríguez que despois de máis de un ano recuperándose da súa lesión de rodilla, disputou os seus primeiros minutos. Grande !!!
JUNIOR FEMININO

C.B. CASELAS MOTHERSON 58 – 54 C.B. CLUNY SAN JOSÉ (2 PRÓRROGAS)
Se temos que definir nunha soa palabra o partido disputado o pasado domingo na casa polas nosas Junior sería ÉPICO.
Debido as baixas as de Adrián contaban con 7 xogadoras dispoñibles (o equipo rival estaba nas mesmas condicións), pero xa coñecemos o carácter deste equipo.
O partido chegou ao final do derradeiro periodo co marcador moi igualado ata o punto de precisar dunha prórroga … e xogar un segundo tempo extra !!!
A isto temos que sumarlle que as dúas prórrogas as desputamos soamente con 5 xogadoras (dúas estaban expulsadas por faltas) e desas cinco, dúas con 4 faltas. Toda unha aventura !!!

Grazas ao esforzo e perseveranza (e o acerto nos tiros libres) do equipo, as nosas acadaron unha victoria épica e ben merecida. Felicitar tamén ao C.B. Cluny polo seu partidazo, foi un pracer competir nun partido así contra vós.

GRAZAS AO NOSO PATROCINADOR DO JUNIOR FEMININO MOTHERSON !!!!
CADETE MASCULINO

SALESIANOS VIGO B 40 – 59 C.B. CASELAS BALIDEA
Gran partido do noso Cadete Masculino para rematar o ano, nun encontro no que todos os xogadores aportaron para acadar un merecido triunfo !
Grandes !!!
MINI FEMININO

DIVINO SALVADOR LOS SAUCES 60 – 58 C.B. CASELAS A XANELA
MINI MASCULINO

C.B. CASELAS NOREXCA 15 – 39 NS ESPERANZA
CONCENTRACIÓN BABY

Por fin chegou o debut do equipo Baby na primeira concentración deste curso 25-26!

Unha tempada máis dende o C.B. Caselas organizamos este evento no que @s máis pequen@s do noso clube e doutros 8 equipos da contorna desfrutan e divírtense xogando ao baloncesto, nos que para moitos supoñen os primeiros partidos da súa vida !!!

Moitas grazas as familias e aos nosos baby que o deron todo e o pasaron xenial; grazas tamén aos equipos visitantes polo comportamento dos rapaz@s e tamén nas gradas; grazas aos cadetes por botar unha gran man nas arbitraxes; e por último grazas ao Concello de Salceda pola súa colaboración!
CHARLAS FORMATIVAS C.B. CASELAS
O C.B. Caselas en colaboración co Concello de Salceda, a FEGABA, o noso patrocinador Motherson e a Deputación de Pontevedra organizou o pasado sábado a I XORNADA DE INTEGRACIÓN E SAÚDE NO DEPORTE, un ciclo de charlas de contido transversal dirixida a xogador@s, adestrador@s e familias do clube, pero tamén abertas ao público xeral.

Abríu a mañá Rubén Domínguez, adestrador de baloncesto e psicólogo do R.C. Celta de Vigo, que tratou a xestión emocional no deporte nunha charla EXCLUSIVA PARA XOGADOR@S DO C.B. CASELAS.

A continuación trasladámonos ao Centro Social da Devesa, onde tiveron lugar 3 conferencias máis e unha mesa redonda participativa.
Laura Coto, dietista, nutricionista e doutora en ciencia dos alimentos, especializada en nutrición pediátrica e clínica, falounos da alimentación para xóvenes que practican deporte.
Miriam Vera, copiloto de rallies de Salceda e campioa absoluta de España en 2022 (entre outras moitos logros) contounos a súa experiencia como muller deportista no mundo do motor.

Por último, unha histórica do baloncesto feminino español como é Susana García (ex xogadora do Celta e da Selección Española, adestradora da selección U20 campioa de Europa, axudante da Selección absoluta, prata Mundial e diploma Olímpico en Pekin e na actualidade vicepresidenta 3a da FEGABA e Secretaria da Federación Galega de Deporte Adaptado) contounos a historia dunha vida adicada ao basket!

Grazas á Deputación de Pontevedra por apostar pola financiación deste evento que agardamos que sexa o primeiro de moitos!
COPA DOS INSECTOS, DINOSAURIOS E FÓSILES 2025
Como cada ano, xusto antes do Nadal xogamos a xornada especial da COPA DOS INSECTOS, DINOSAURIOS E FÓSILES, competición interna na que participan TODAS AS CATEGORÍAS DO C.B. CASELAS e que serve para abrir boca como antesala da Liga dos Insectos e Dinosaurios de final de tempada !!!




AGORA TOCA DESCANSAR UN POUQUIÑO POLO NADAL
O VENRES 2 DE XANEIRO TEREMOS A MERENDA NAVIDEÑA E CINE EN EQUIPO (PRONTO + INFO)

AS CATEGORÍAS INFERIORES VOLTARÁN AOS ADESTRAMENTOS O XOVES 8 DE XANEIRO
De parte de toda a familia do Club Baloncesto Caselas, saúde, amizade, familia e Bo Nadal a tod@s.

Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments