O C.B. Caselas LR Natural Granite comeza esta fin de semana a liga 2025-26 e queriamos aproveitar para agradecer o gran traballo do que foi o adestrador do primeiro senior feminino da historia do baloncesto en Salceda durante dúas ilusionantes tempadas.

Joseba chegou ao clube na tempada 2021-22, adestrando premini e mini feminino ata que na 23-24 deu o salto ao Senior, dirixindo ao equipo na primeira aventura nesta categoría feminina do C.B. Caselas, con 12 xogadoras da nosa canteira.

Foron dous anos moi importantes e Joseba sempre estará ligado a este gran hito para o C.B. Caselas como é sacar un senior feminino.

Estas dúas tempadas do equipo fixeron desfrutar a toda a familia do Caselas e sentaron as bases para o futuro.

E por certo, sabedes que Joseba Aramburu Lamy ademáis de adestrador e xogador profesional de baloncesto en clubes de toda a xeografía española e francesa tamén é apicultor?

A súa mel ABELLA LEDA está a triunfar polo mundo adiante e non nos extraña!

Aquí tedes a súa web:

DE PARTE DA FAMILIA DO CASELAS: GRAZAS POR TODO JOSEBA !!!

AGARDAMOS QUE SEXA UN ATA LOGO !!!

MOITA SORTE EN TODO !!!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categories: Novas

0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!