O pasado sábado o pavillón municipal acolleu unha triple xornada de basket feminino cos equipos de categoría Senior, Junior e Infantil do C.B. Caselas!

SENIOR FEMININO

C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE 38 – 50 RÍO ULLA

Parciais: 2 – 19 / 9 – 13 / 10 – 9 / 17 – 9

Anotadoras: Tamara 18; Cris 7; Iria P. 4; Elena T. 4; Saray 2; Susi 2; Ainhoa 1; Joana; Ana; Alba G. Yoli; Iria P.

O senior feminino debutaba esta tempada en casa recibindo a visita dun duro rival, o Río Ulla, que saíu con moita intensidade impoñendo claramente o seu ritmo no primeiro periodo no que o Caselas quedouse en 2 puntos anotados.

As de Julián non conseguiron igualar esta dureza física e aínda que no segundo cuarto melloramos, ao descanso o resultado era un claro 11 – 32 para as visitantes.

Despois do descanso, o Caselas mudou por completo a súa actitude defensiva e xogou un bo baloncesto, levándose o parcial da segunda metade por 27 a 18, demostrando o potencial que temos.

Toca continuar traballando para acoplarse e mellorar como equipo de cara á seguinte xornada na que viaxaremos ata O Grove.

JUNIOR FEMININO

C.B. CASELAS MOTHERSON 42 – 26 C.B. CLUNY

Gran partido do Junior Feminino, que grazas ao esforzo e aportación de todas as xogadoras acadaron a primeira e merecida victoria da tempada perante o equipo vigués do C.B. Cluny.

Noraboa rapazas!

INFANTIL FEMININO

C.B. CASELAS EAM 22 – 38 SEIS DO NADAL COIA

O infa feminino tamén debutou na casa e as de Luismi fixeron un bo encontro.

Ademáis os preminis e minis do clube xogaron un partidillo no descanso do senior no que desfrutaron e fixeron desfrutar ao público presente!

@s participantes entraron no sorteo dun AUDIOLIBRO DA BANDA DOS INSECTOS E ROUPA DO CLUBE!

MINI FEMININO

MIRALBA 39 – 36 C.B. CASELAS

Debut en competición oficial do Mini Feminino que na súa visita á dura pista de Miralba fixo un gran partido e nun emocionante final a victoria quedou en Vigo.

Grandes Minis !!!

SENIOR MASCULINO

C.B. SAN JOSÉ CLUNY 60 – 58 C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ

Parciais: 11 – 16 / 10 – 20 / 24 – 12 / 15 – 10

Anotadores: Jano 11; Pablo S. 9; Xur 8; Iván 5; Manu L. 5; Álex 5; Héctor 5; Jorge 4; Girma 2; Manu G. 2; Eloy 2; Fredi.

Dura derrota do Senior Masculino na súa visita ao C.B. Cluny.

Os de Martín xogaron unha gran primeira metade de encontro, dominando no xogo e o marcador, pero na segunda non fomos quen de pechar o partido e démoslle opcións aos locais que subiron a intensidade e igualaron as forzas ata o punto de levarse a victoria in extremis.

Esta derrota é difícil de dixerir, pero un partido máis o equipo competíu a tope. A seguir!

JUNIOR MASCULINO

NOVOBASKET 101 – 35 C.B. CASELAS

Dura derrtoa do Junior Maculino na difícil competición nesta categoría este ano.

Nunca choveu que non escampara. Sempre adiante rapaces !!!

CADETE MASCULINO

C.B. NIGRÁN 51 – 59 C.B. CASELAS

Cuarta victoria consecutiva do Cadete Masculino, que continúa invicto na liga. A continuar traballando!

MINI MASCULINO

BAIXO MIÑO BASKET 38 – 63 C.B. CASELAS

Gran debut dos rapaces do Mini, que desputaron por primeira vez na historia do C.B. Caselas un partido en A Guarda. Grandes!

Xa temos a data da FESTA PRESENTACIÓN DO C.B. CASELAS !!!

DOMINGO 14 DE DECEMBRO

Será coma sempre pola tarde no Pavillón Municipal de Salceda de Caselas!

RESERVADE A DATA !!!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!