
O pasado DOMINGO 14 DE DECEMBRO vivimos unha tarde moi especial para toda a familia do C.B. CASELAS na FESTA PRESENTACIÓN desta tempada 2025-26 !!!
Os 140 xogador@s (récord histórico do C.B. Caselas) e 11 equipos deste curso foron homenaxeados como se merecen nun pavillón municipal repleto de familiares e afeccionad@s !!!
CADA DÍA SOMOS MÁIS !!!
PRONTO TEREDES Á VOSA DISPOSICIÓN A GALERÍA COMPLETA DAS FOTOS DA PRESENTACIÓN NA NOSA PÁXINA WEB !!!
MILLÓNS DE GRAZAS A TODOS OS PATROCINADORES E COLABORADORES QUE APOIADES AO C.B. CASELAS CADA TEMPADA !!! SEN A VOSA AXUDA NADA DO QUE FACEMOS SERÍA POSIBLE !!!

SENIOR FEMININO

C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE 31 – 24 CLUNY SAN JOSÉ
Parciais: 9 – 12 / 7 – 3 / 10 – 6 / 5 – 3
Anotadoras: Susi 9; Cris 6; Elena V. 4: Tamara 4; Iria Pérez 3; Ainhoa 3; Saray 2; Iria Pino; Ana; Yolanda; Elena T.; Joana.
Partido duro e moi igualado o disputado polo noso senior feminino, que mostrou un gran nivel defensivo e acadou o triunfo froito do traballo de todas as xogadoras.
A pesares da pouca anotación, o encontro fixo desfrutar ao numeroso público que non deixou de animar ás nosas en todo momento.
Victoria moi merecida, noraboa !!!
SENIOR MASCULINO

C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 57 – 40 C.B. RODABALLO
Parciais: 16 – 12 / 15 – 4 / 12 – 13 / 14 – 11
Anotadores: Álex 18; Xur 10; Eloy 7; Jano 6; Manu L. 5; Héctor 4; Iván 3; Jorge 2; Jose 1; Pablo C. 1; Rober; Manu G.
O noso senior masculino tamén acadou outro importante triunfo (e xa van seis de maneira consecutiva!!!) na visita de todo un clásico do baloncesto vigués como é o C.B. Rodaballo, que aínda que no primeiro periodo mantivo un resultado igualado, non puido aguantar o ritmo imposto polos nosos.
Agora a pola seguinte xornada o DOMINGO 21 ás 18:00h, de novo na casa perante un rival que temos xusto detrás na clasificación, polo que o choque promete emocións fortes!
No descanso dese partido celebraremos o GRAN SORTEO DE NADAL DO C.B.CASELAS

CHARLAS FORMATIVAS:
I XORNADA DE INTEGRACIÓN E SAÚDE NO DEPORTE C.B. CASELAS


O C.B. Caselas en colaboración co Concello de Salceda, a FEGABA, o noso patrocinador Motherson e a Deputación de Pontevedra organiza a I XORNADA DE INTEGRACIÓN E SAÚDE NO DEPORTE, un ciclo de charlas de contido transversal dirixida a xogador@s, adestrador@s e familias do clube, pero tamén abertas ao público xeral.
SÁBADO 20/DECEMBRO/2025
A ACTIVIDADE É GRATUÍTA
Abrirá a xornada no espazo do ximnasio do CEIP Altamira Rubén Domínguez, adestrador de baloncesto e psicólogo do R.C. Celta de Vigo, que tratará a xestión emocional no deporte nunha charla que será EXCLUSIVA PARA XOGADOR@S DO C.B. CASELAS.

A continuación trasladarémonos ao Centro Social da Devesa, onde terán lugar 3 conferencias máis e unha mesa redonda participativa.
Laura Coto, dietista, nutricionista e doutora en ciencia dos alimentos, especializada en nutrición pediátrica e clínica, falaranos da alimentación para xóvenes que practican deporte.
Miriam Vera, copiloto de rallies de Salceda e campioa absoluta de España en 2022 (entre outros moitos logros) contará a súa experiencia como deportista no mundo do motor.
Por último, unha histórica do baloncesto feminino español como é Susana García (ex xogadora do Celta e da Selección Española, adestradora da selección U20 campioa de Europa, axudante da Selección absoluta, prata Mundial e diploma Olímpico en Pekin e na actualidade vicepresidenta 3a da FEGABA e Secretaria da Federación Galega de Deporte Adaptado) contaranos a historia dunha vida adicada ao basket!
A xornada rematará cunha mesa redonda aberta a preguntas do público.
FORMULARIO PARA XOGADOR@S DO C.B. CASELAS:
https://forms.gle/ikirSc9Wm5PQyBjF6
FORMULARIO PARA PÚBLICO XERAL:
ACTIVIDADE GRATUÍTA !!! PRAZAS LIMITADAS !!!
CONCENTRACIÓN BABY
DOMINGO 21/DECEMBRO NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE SALCEDA !!!

Ambos eventos está incluído na axenda das diversas actividades que organizaremos dende o C.B. Caselas este curso 25-26 !!!
CALENDARIO ACTIVIDADES C.B. CASELAS 25-26

ANTES DAS VACACIÓNS, O DÍA 22 DE DECEMBRO XOGAREMOS A CLÁSICA COPA DOS INSECTOS, DINOSAURIOS E FÓSILES NAVIDEÑOS !!!
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments