Xa había ganas dun partido senior en Salceda e o C.B. Caselas demostrou que nesta tempada 2025-26 o traballo dos últimos anos garantiza que o equipo o dará todo en cada encontro.

SENIOR MASCULINO

C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 58 – 46 C.B. MOS CURUXEIRA

Parciais: 14 – 11 / 11 – 13 /10 – 5 / 23 – 17

Anotadores: Pablo S. 16; Jorge 13; Eloy 10; Manuel L. 5; Fredi 4; Manuel G. 4; Héctor 4; Álex 2; Pablo C.;Rober; Jose; Iván.

Os de Martín xogaron un primeiro partido moi sólido ante un duro rival como é o C.B. Mos.

Nun encontro igualado, o Caselas mostrouse moi disciplinado e ordeado no xogo en transición e mostrou un bo nivel en ambos lados da pista.

Grazas ao traballo colectivo, o Caselas acadou a victoria nesta primeira xornada, que axudará a preparar con confianza a visita a fin de semana que vén á sempre difícil pista do Puerto de Vigo.

Noraboa e a continuar mellorando!

CATEGORÍAS BASE

Pouco a pouco van comezando as distintas competicións oficias

JUNIOR MASCULINO

SALESIANOS A 104 – 43 C.B. CASELAS

JUNIOR FEMININO

PBB A 71 – 34 C.B. CASELAS

CADETE MASCULINO

SAN JOSÉ CLUNY 57 – 61 C.B. CASELAS

Pronto comezarán as competicións de categoría infantil, mini e premini!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!