Fin de semana con victorias de ambos os dous senior e cos equipos de base competindo moi ben. Continuade a ler para saber cómo foi a xornada!

SENIOR FEMININO

C.B. O GROVE 42 – 68 C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE

Parciais: 10 – 21 / 18 – 18 / 3 – 13 / 11 – 16

Anotadoras: Tamara 35; Cris 10; Susi 5; Ainhoa 5; Elena V. 4; Joana 3; Elena T. 2; Yolanda 2; Iria Pino 2; Iria Pérez; Ana.

Cumpríuse o dito e á terceira xornada foi a vencida; o Senior Feminino do C.B. Caselas acadou o primeiro triunfo da tempada na súa visita á pista do C.B. O Grove!

As de Julián fixeron un partido moi serio e vaise notando que o equipo está a compenetrarse ben, atopando boas opcións de tiro practicamente durante todo o encontro.

Noraboa e a polo seguinte!

SENIOR MASCULINO

C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 60 – 57 BALONCESTO NIGRÁN

Parciais: 16 – 14 / 17 – 11 / 9 – 14 / 18 – 18

Anotadores: Jano 19; Xur 10; Héctor 6; Girma 6; Álex 6; Jose 5; Manu L. 4; Iván 2; Eloy 2; Rober; Fredi; Manuel G.

Espectacular encontro o vivido o pasado domingo no pavillón municipal de Salceda entre o noso Senior Masculino e o C.B. Nigrán.

Os de Martín fixeron unha moi boa primeira metade, impoñendo o seu ritmo perante o equipo visitante.

Pero unha vez máis, o terceiro periodo atragantóuselle aos nosos e a defensa zonal plantexada por Nigrán provocu un atasco ofensivo que puido costarnos a derrota.

O Caselas reaccionou no derradeiro cuarto e nun final apretado e trepidante a victoria quedou na casa!

Grandes!

JUNIOR FEMININO

C.B. BAIONA 40 – 61 C.B. CASELAS MOTHERSON

Auténtico partidazo do Junior Feminino na pista do C.B. Baiona!

As de Adrián saíron moi enchufadas dende o inicio e xogaron, probablemente, o mellor baloncesto da tempada sobre todo nun segundo periodo no que as rapazas do Caselas fixeron un gran traballo defensivo que lles permitíu impoñer un alto ritmo ao contraataque (7-21 parcial do segundo cuarto).

O noso junior feminino acada así a segunda victoria consecutiva en liga.

A continuar traballando e desfrutando!

CADETE MASCULINO

C.B. CASELAS 57 – 38 SALESIANOS VIGO B

Quinta victoria consecutiva para un cadete masculino que se mantén invicto na liga xusto antes de recibir ao PBB A no que será un partido complicado pero que debemos aproveitar ao máximo para mellorar.

INFANTIL FEMININO

CÍA DE MARÍA 58 – 35 C.B. CASELAS EAM

Por segunda xornada consecutiva o noso Infantil Feminino xogou un gran encontro e as rapazas dirixidas por Luismi o deixaron todo na difícil pista de Cía de María.

O equipo disputou un partido igualadísimo, pero as lesións de Laura, Uxía e Sara provocaron que chegaramos xustas de forzas aos últimos minutos. Agardamos a súa pronta recuperación!

Orgullos@s deste equipo!!!

MINI FEMININO

C.B. CASELAS 27 – 26 C.B. CLUNY

Partido super emocionante o desputado polo Mini Feminino perante o C.B. Cluny en casa.

As de Brais e Adrián o deron todo e nun final de tolos as rapazas do Caselas mostraron moito carácter e fixeron desfrutar a unha grada cun gran ambiente!

Noraboa!

PREMINI MASCULINO

NOVOBASKET C 0 – 50 C.B. CASELAS

O Premini por fín debutou esta tempada. Os rapaces de Manolo o fixeron xenial e desfrutaron dun partido perante un equipo no que a mairoía de rapaces comezaban no baloncesto este curso.

O resultado de 50 – 0 NON NOS GUSTA NADA. Tanto se é a noso favor coma en contra.

Reflexión: evidentemente ao participar nunha competición oficial, aceptas as normas do xogo e os resultados están aí. Baixo o noso punto de vista, temos claro que NON DEBERÍA HABER MARCADOR en categorías de minibasket. Non lle atopamos moito sentido, xa que isto pode condicionar de maneira negativa aos rapaz@s e desviar aos adultos dos verdadeiros obxectivos formativos desta etapa.

No noso clube nos partidos de premini e mini na nosa pista non poñeremos o marcador para buscar que @s nos@s xogador@s desfruten exclusivamente do xogo sen estar pendentes do resultado. Para iso xa haberá tempo!

Esta xornada tocounos gañar case todos os partidos. Outras veces perderemos todos; pero sempre tentaremos formar e desfrutar. Arriba Caselas!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!