Tan importante coma os adestramentos e os partidos é para nós a actividade social do clube. Aquí vos presentamos os eventos da presente tempada, que iremos actualizando durante todo o curso:

19/Novembro/2025

INTERCAMBIO XERACIONAL NOVAS TECNOLOXÍAS C.B. CASELAS

@s nos@s xogador@s da canteira visitan a Asociación Veciñal de Sto Tomé de Parderrubias, compartindo tempo de calidade c@s máis maiores e ensinándolle as súas habilidades coas novas tecnoloxías !

5/Decembro/2025

CONCERTO DA BANDA DOS INSECTOS NO ALUMEADO DE NADAL

O proxecto educativo – musical do noso coordinador Adrián estará rockeando para todos os públicos xusto antes do acendido navideño na praza de Salceda de Caselas !!!

14/Decembro/2025

Presentación da tempada

Imprescindible festa de presentación dos equipos, xogador@s e patrocinadores. Este curso contamos con 140 xogador@s (Récord Histórico do clube) e 11 equipos !!!

20/Decembro/2025

I XORNADA DE CHARLAS FORMATIVAS C.B. CASELAS

O Sábado 20 de DECEMBRO organizaremos unha xornada de charlas formativas de contido transversal para xogador@s do C.B.Caselas e o público xeral.

21/Decembro/2025

CONCENTRACIÓN BABY

Nova concentración baby organizada polo C.B. Caselas, que reunirá a nove equipos desta categoría no Pavillón Municipal de Salceda!

Haberá CANTINA, SORTEOS E OUTLET DE ROPUPA C.B. CASELAS!

21/Decembro/2025
18:00h
Pavillón Municipal Salceda

GRAN SORTEO DE NADAL C.B. CASELAS

No descanso do partido Senior Masculino C.B.CASELAS – ILLAS CÍES celebraremos o tradicional sorteo de nadal. Moita sorte!

22/Decembro/2025

COPA DOS INSECTOS, DINOSAURIOS E FÓSILES DE NADAL

Non poídan faltar os nosos bechos de nadal.
TODAS AS CATEGORÍAS
En horario de adestramento!

2/Xaneiro/2026

Cine en equipo + Merenda de Nadal

Como cada Nadal teremos una sesión de cine en equipo.
Auditorio Municipal Salceda de Caselas.
A continuación, tod@s a merendar ao pavillón !!!

21/Febreiro/2026

PARTIDO PROFESIONAL LIGA FEMININA CELTA BALONCESTO

CELTA BALONCESTO – CANOE
Unha tempada máis visitaremos o pavillón de Navia e desfrutaremos dun partido do Celta Baloncesto capitaneado pola madrina do noso campus Sara Vidal!

14/Marzo/2026



Viaxe ao OURENSE

Tradicional viaxe anual a un partido do COB OURENSE (Liga LEB OURO – 1ª FEB)


Nesta tempada asistiremos ao encontro entre o COB Ourense e o Tizona Burgos

TODO UN PARTIDAZO no que haberá un auténtico ambientazo !!!


BUS + ENTRADA: PRONTO+ INFO !

28 e 29/Marzo/2026

TORNEIO INTERNACIONAL EUROCIDADE VALENÇA

Unha tempada máis participaremos no Torneio Internacional Eurocidade de Valença do Minho.


O C.B.Caselas participará cos equipos Premini, Mini Feminino e Mini Masculino, que xogarán numerosos partidos e levarán a acabo diferentes actividades lúdicas, convivindo durante dous días con 500 xogador@s de toda a xeografía de Galicia e Portugal.


Como é habitual, teremos a opción de quedar a durmir a noite de sábado. Agardamos que supoña unha gran experiencia para a nosa canteira!
Pronto + INFO

4/Abril/2026

Viaxe ao SANTIAGO

Despois dun curso sen ir, recuperamos a viaxe anual ao Multiusos do Sar de Santiago para asistir ao partido do OBRA !!!

(Liga LEB OURO – 1ª FEB)


Nesta tempada presenciaremos o encontro entre o OBRADOIRO e o Palencia

TODO UN PARTIDAZO no que haberá un auténtico ambientazo !!!


BUS + ENTRADA: PRONTO+ INFO !

Maio-Xuño/2026

LIGA DOS INSECTOS, DINOSAURIOS E FÓSILES

O torneo de clausura da tempada por excelencia do C.B.Caselas chegará como cada final de curso ao pavillón de Salceda.
TODAS AS CATEGORÍAS do clube convivirán durante dúas semanas facendo piña entre maiores e pequen@s!

Xuño/2026

Partido Nais e Pais

E avós, e tios e todo aquel que se queira apuntar 🙂
Por motivos de axenda, o faremos en xuño…así tedes máis tempo para poñervos en forma 🙂

Xuño/2026

V Campus C.B. Caselas

Quinta edición do noso querido Campus de Verán. Será sen dúbida a máis especial ata o momento !


Pronto + INFO !!!